Sábado. 20.04.2024
El tiempo

En marcha a renovación da rede principal de abastecemento de auga de Camariñas

Porto de Camarinas
En marcha a renovación da rede principal de abastecemento de auga de Camariñas

Deputación e Concello investirán 102.266,95 euros nas obras de renovación da rede principal de abastecemento de auga ao centro do municipio, que se levarán a cabo na súa maior parte na zona coñecida como ‘A Reja’.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, e a alcaldesa, Sandra Insua, asinaron  o convenio para o financiamento dos traballos, aos que a Deputación aportará 80.000 euros e que implicarán a substitución da actual tubaxe de fibrocemento de 200 mm. que une o depósito de abastecemento de Camariñas co núcleo de Outeiro, onde se realizará a conexión coa tubaxe existente, por unha nova de polietileno.

“Trátase dunha obra importante para Camariñas, xa que esta traída de auga da servizo a uns 2.500 veciños e veciñas, unha cifra que se incrementa notablemente no verán, e abastece tamén a unha das principais industrias conserveiras do municipio”, explicou a alcaldesa.

Comentarios