Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Marcos Rodríguez, o fotógrafo máis internacional da historia da Costa da Morte, expoñendo na casa

Marcos Rodríguez, o fotógrafo máis internacional da historia da Costa da Morte, expoñendo na casa
Marcos Rodriguez na sua exposicion de Carballo Marcos Rodriguez na sua exposición de Carballo

”O fotógrafo máis internacional da historia da Costa da Morte”. Era un día tremendamente especial para el e así o recibiu o alcalde do seu pobo natal, Evencio Ferrero. Un Evencio que nomeou grandes fotógrafos como Ramón Caamaño, Gervasio ou Rovira, pero recoñeceu que Marcos conseguiu trascender fronteiras.

Máis que nervioso que recollendo a Medalla de Prata da Copa do Mundo de Fotografía, Marcos Rodríguez inauguraba unha exposición tremendamente especial para el. Primeiro polo marco, porque Carballo é a súa vila natal (a pesar de ter nacido na embaixada xaponesa de Milán); e segundo porque estas imaxes son “esas fotos que nunca lles fixen as miñas avoas en vida”.

MR durante a presentacion da sua exposicion en Carballo Evencio Ferrero e Marcos Trigo arroupando a Marcos Rodríguez

Tremendamente emocionado ademais pola gran acollida á inauguración desta mostra chamada "Asunción, Maríoa e José", e que xa ten visitado outras vilas como Vimianzo ou Malpica, Marcos foi explicando algunhas das inmesas historias que hai detrás de cada imaxe, que teremos a sorte de contar en QPC. Unhas historias que lembran á Galicia na que moitos medramos, pero que pouco a pouco se vai perdendo, e así polo menos quedarán en unha serie de fotos, tamén dixitalizadas, para o resto da humanidade.

https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10155002667017177/

Marcos Rodríguez

Marcos Rodríguez foi xefe de fotografía no semanario O Acontecer, traballou para El Ideal Gallego, Diario de Bergantiños, DxT Campeón e colaborou con La Voz de Galicia e Que Pasa na Costa. No seu currículum figuran numerosos premios, entre eles o noso Xosé Manuel Eirís, pero nos últimos anos leva acumulado prestixiosos galardóns nacionais e internacionais, coma a Medalla de Prata da Copa do Mundo de Fotografía, ou os títulos de Fotógrafo Distinguido e Fotógrafo do Ano que outorga a Federación Española de Profesionais da Fotografía. Este ano é un dos 10 finalistas a Fotógrafo Europeo do Ano, e o 2 de abril, coincidindo coa súa exposición en Carballo, viaxará a cidade italiana de Sicilia para participar na Gala dos European Photographer of the Year Awards, que outorga a federación Europea de Fotógrafos Profesionais, e na que se darán a coñecer os nomes dos mellores fotógrafos europeos do 2017. A exposición fotográfica pódese ver ata o 23 de abril no andar -1 do pazo carballés de luns a domingo en horario de 17 a 21 horas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios