Venres. 19.04.2024
El tiempo

Margarita Lamela: “Si, están bloqueando a labor do goberno, e estánse reunindo para tratar a moción de censura”

  • Recoñeceu o aumento dos casos de violencia de xénero durante a corentena
Margarita Lamela: “Si, están bloqueando a labor do goberno, e estánse reunindo para tratar a moción de censura”

Este xoves 5 de maio, nos #DirectosQPC, como cada martes e xoves continuamos a rolda de alcaldes e alcaldesas da comarca, para analizar como os Concellos poden axudarnos a paliar esta crise á que xa nos enfrontamos. Estivemos en Cee, coa alcaldesa, a socialista Margarita Lamela, que cumple case un ano na alcaldía cun goberno en minoría, nun momento ademais no que a tensión no pleno estáse axitando.

A rexedora comezou explicando como se vive unha situación tan extraordinaria como que estamos vivindo e destacou que durante a corentena si aumentou a problemática da violencia de xénero, e o Concello mesmo tivo que axudar a algunha vítima a atopar casa.

A entrevista quixo afondar sobre o momento de tensión emerxente que está tendo o pleno ceense despois dun comezo de lexislatura bastante máis tranquilo do que apuntaban a disposición de grupos. Lamela non acepta as críticas da oposición ao completo e considera que “o goberno dende o primeiro día estivo en contacto coa oposición, e mesmo realizáronse varias comisións dende o 17 de abril”. Batiu contra todos os responsables dos grupos da oposición, e mesmo criticou a falta de preparación dalgún deles sinalando ademais que “non vin esa participación de querer participar con propostas”.

Volveu incidir sobre a idea da posible moción de censura, a pesar que dende a oposición nos diga constantemente que “non hai nada”. Lamela considera que “o modus operandi de Antonio Domínguez é o mesmo, como fixo en 2001. Non quere facilitar o labor do goberno, faino pensando sempre nunha moción de censura, e ter os orzamentos aprobados é moito mellor”.

En clave económica debullou as propostas máis significativas que está levando o Concello para axudar a paliar a crise, como suspender as taxas (a das terrazas vaise suspender para todo 2020), o canon dos bares, os arrendamento durante a corentena dos locais municipais do Centro Comercial, ou as novas páxinas webs para visibilizar o comercio e os negocios locais.

Explicou a moción (que non saíu adiante) de trasladar as competencias en materia de urbanismo (do solo rústico) á APLU, pero apurou que terá que sacar de novo a praza de arquitecto técnico para reforzar unha “saturada” oficina técnica.

Sobre as medidas a tomar nas praias, considera que “na Costa da Morte xa temos o costume de alonxarnos os uns dos outros así que imos esperar”.
En clave de conciliación, únese á reinvidacións de varios o Concellos de información sobre os protocolos para desenvolver campamentos e espera que cheguen a tempo para comezar en xullo.

Tamén analizou a situación do Mercado Dominical, pensando nesa chamada “tiranía dos domingos” que obriga aos comercios a abrir 7 días á semana. Explicou que mantivo reunión cos comerciantes como cos representantes do mercadillo, que lle deixaron claro que o sábado non podían e que outro concello colindante se ofrecera para facer o mercado en domingo se Cee non quería”. A economía que moven as arredor de 3.000 persoas que pasan por Cee cada domingo obrigan a tomar calquera modificación con cautela.

Fixo unha explicación clara, sinalando que o retraso da sinatura do Concello de Muxía coa Autoridade Portuaria sobre a estrada a Touriñán vai provocar un retraso nas obras. “Non hai que enganar aos veciños”, dixo en alusión ao anuncio do concello muxián esta semana.

Novas relacionadas

 

Rolda de alcaldes e alcaldesas nos DirectosQPC

Comentarios