Venres. 19.04.2024
El tiempo

Margarita Lamela: “Hai tantas cousas evidentes e básicas sen facer…”

Dous meses na alcaldía levan xa as novas alcaldesas da comarca. Dous meses leva a socialista Margarita Lamela á fronte do Concello de Cee. Puntual como ningunha outra máxima responsable municipal que nos teñamos topado, Margarita intenta compaxinar a alcaldía (ten unha dedicación do 75% a pesar de estar dispoñible un 125% do horario laboral) coa súa profesión de avogada.

Margarita Lamela alcaldesa de Cee
Margarita Lamela, alcaldesa de Cee
Margarita Lamela: “Hai tantas cousas evidentes e básicas sen facer…”

”Non teño tempo nin para ver á miña familia. Paso semanas sen ver aos meus pais. Sempre hai o comentario de que a filla vai ser a alcaldesa pero que vai gobernar o pai, e resulta que a filla non ten tempo nin para velo”, sentenza antes de nada, deixando clara a súa independencia sobre o que outrora fóra alcalde da vila da Xunqueira durante 4 lexislaturas.

Facendo repaso ás primeiras cousas nas que se puxo a traballar, ademais de acodir a cada acto (“é incrible como a xente agradece que vaias aos actos”, apunta), quedou sorprendida da “cantidade cousas evidentes que hai sen facer…”

E pon un exemplo ben claro: a rampa do pavillón do Eugenio López. "Varios nenos con problemas de mobilidade non podían acceder ao pavillón, ou eran os seus compañeiros os que os tiñan que aupalos..." 

  • QPC: Como se leva ese cambio de vida? Que tal a familia?

A miña vida cambiou radicalmente. No mes de agosto non teño traballo nos xulgados, polo que puiden dedicarlle mañá, tarde e noite aos actos municipais. A partir de setembro, dedicarei as mañás ao Concello, e polas tardes intentarei compaxinar coa miña profesión, porque teño moitos expedientes e clientes abertos que non podo deixar. O que me saca son horas de durmir. É certo que non teño fillos, pero teño irmáns, pais… e unha vida persoal.

 
  • QPC: 4 alcaldesas novas na comarca con respecto á anterior lexislatura. Que supón isto para unha zona que está habituada a chegar tarde aos cambios? Que diferencias aportades aos alcaldes masculinos?

Eu na miña profesión nunca sentín esa diferencia de xénero. Sempre me sentín independiente e realizada, como me ensinaron os meus pais, baseándose en que o coñecemento dá independencia. Aportar, se cadra o toque feminino si que podemos aportar, como a iluminación das festas que gustou moito, o coidado das prantas da xardinería; o da hora sen ruído nas festas; conseguín por exemplo que os chiringuitos desen unha serie de fichas aos nenos sen recursos que despois repartiu Cáritas… detalles coma eses, porque pode ser verdade que as mulleres teñamos unha sensibilidade maior. As mulleres temos máis temperamento, e somos máis esixentes, por exemplo, coa limpeza.

En materia de negociación, noto que todo o mundo respecta igualmente, por exemplo na Mancomunidade, onde son a única muller e son a que máis protesto.

 
  • QPC: Está viva a Mancomunidade, entón?

Xa tivemos unha reunión e temos outra o 20 de setembro. Está viva e temos que avivala máis. 
Un asunto, por exemplo, é que os concellos da comarca participen na organización e nos gastos da selectividade que repercute só en Cee. Tamén imos tratar que a recollida de animais abandonados se trate a través da Mancomunidade.

 
  • QPC: E Neria?

Pois Neria segue existindo pero non ten actividade, polo que non ten sentido seguir formando parte, así que levo no vindeiro pleno saír da Neria, como xa fixeron outros concellos.

 
  • QPC: Bueno, parece que facía falta un cambio en Cee, non? Que se está cambiando?

Cee necesita moitas cousas… Sobre todo estamos cambiando a forma de traballar. Todo polo papel, legal… Imos facer todo a través de licitacións.

Ademais, eu estou aquí todos os días e a xente di que o Concello ten vida, así nos din: “é que agora as portas están abertas”. Hai outra forma de gobernar, recibindo a xente, escoitándoa e facendo cousas, pequenas cousas pero que son grandes para a xente que o necesita, porque non sempre fan faltas moitos cartos.

 
  • QPC: Que foi a primeira cousa que fixo ao sentarse no despacho?

Primeiro reuninme con todos os traballadores municipais, que todos están respondendo, estou contenta. E de seguido me puxen coa limpeza viaria e recollida de residuos.

Tamén teño unha praza de arquitecto técnico eventual en proceso de adxudicación para reforzar a oficina técnica. 

 
  • QPC: Como está o tema do repetidor de Lires?

Levaba un informe da Secretaría de Medios un ano no caixón, e necesitamos unha solución definitiva ao problema do repetidor, porque non pode ser que sigamos pagando arredor de 3.500€ ao mes por un xenerador, cando a solución definitiva coste uns 40.000€, segundo o orzamento que acabamos de pedir. Non se entende como se gastaron partidas enteiras e non se solucionou o tema. É unha actuación indispensable.
Ademais, teño que dicir que Lires xa ten fibra óptica dende hai unha semana, e tamén houbo un reforzo de rexollida de lixo en Lires.
E falando de Lires, segundo o último informe de Augas de Galicia, a depuradora funciona perfectamente, e agora está estudando de onde pode vir esa insuficiencia calidade da auga, se é polo tema das gaivotas, se é por algo de purín, da piscifactoría… están estudando os focos…

 
  • QPC: Había algunha sorpresa grave nos caixóns?

Hai partidas agotadas. Por exemplo, na partida de mantemento quedaban 50€…

 

As veces os procedementos xudiciais gáñanse por un erro na tramitación, pero iso non significa a realidade en canto ao fondo. Os avogados gañamos procedementos por defectos de forma, pero non se entra no fondo do asunto, polo que a realidade do fondo queda aí. Un avogado cando ve moi difíficl gañar un pleito polo fondo, busca defectos de forma. Como vós dicides sempre: “As escoitas aí están”.

Pero, eu creo que a xente non lle importan moito os asuntos xurídicos. Ramó Vigo erdeu pola xestión, non polo proceso xudicial.

 
  • QPC: E por que á veciñanza non se preocupa por eses temas tan graves?

Porque se a xente pode conseguir as cousas dun xeito fácil, pensan que hai que facelo así, e non saben que dentro dos marxes da legalidade tamén se poden conseguir. E aí é onde cambia a forma de facer política. Pero hai que ter coñecementos para aplicala.

 
  • QPC: Como cre que vai ser a relación co resto de partidos durante a lexislatura?

Espero que tan boa como parece. Pero creo que o tempo vai poñer a cada un no seu sitio, se realmente están por velar polos intereses do pobo ou por intereses partidistas.

 
  • QPC: Orzamentos para o 2019 ou Moción de Confianza, que cres que sairá?

Espero aprobar os presupostos, son a ferramental fundamental para que un Concello poida funcionar. A verdade é que nestes de 2019 tampouco hai moito marxe de negociación, veremos no de 2020, pero nestes a maioría das partidas están agotadas. O importante é ter partida para poder arranxar o problema do repetidor de Lires. Tamén é importante aprobar unhas partidas para poder aportar a parte municipal nunhas obras da Deputación.

 
  • QPC: Que pode facer o Concello para intentar mediar no caso Ferroatlántica? Xa mantiveches unha reunión co goberno central pero non parece que tivera demasiados froitos, non?

Adherímonos ao escrito do Comité, fixemos unha comisión, e aprobamos todo en pleno e enviamos á Xunta e Augas de Galicia. Tamén convoquei unha xuntanza cos alcaldes da comarca, e enviei unha carta a Feijoo para que nos informara dos movementos, pero aínda non recibimos resposta, e foi o 12 de agosto.
O que está claro é que todo depende da Xunta, e a Xunta ten que esixir o Plan de Viabilidade, que cumpla as condicións da concesión, e aínda non o temos.

 
  • QPC: Vai ter que vivir Cee do turismo e dos servizos unicamente?

Cee é Camiño de Santiago, e hai que promocionar e potenciar iso. Hai que aproveitar o Museo Fernando Blanco, en pleno Camiño, que por certo, acábase de conseguir unha partida gracias á colaboración da Deputación, clave despois da espantada de Ferroatlántica.

Temos tamén as nosas praias. Como Gures, teño claro que hai que facer unha senda peonil que una Ézaro e Caneliñas, co aparcamento arriba, pero sen perder o encanto. Lires hai que coidalo, que xa é unha xoia.

E despois temos Estorde, que é unha praia espectacular, e se cadra hai que facer un paseo marítimo. En Cee tamén temos que potenciar a calidade cultural.

Hai que facer algo no Astelerio da SICAR para aproveitar o potencial en materia de actividades acuáticas. O PXOM xa está en marcha, hai que ver que empresa colle o proxecto e darlle cara adiante.

Tamén queremos unir Cee e Corcubión cun paseo marítimo. Xa hai un proxecto de Costas, no que nós temos que facer unha reforma puntual da normativa urbanística (non vou esperar ao PXOM), temos que facernos cos terreos, e poñer en marcha o proxecto de Costas. Corcubión ten que facer o mesmo, pero estamos decididos a levalo adiante, e Costas xa ten o proxecto, e parte do financiamento terá que poñela o estado. Dependen dos prazos, pero esperamos que saia nesta lexislatura.

 
  • QPC: E que pasa co saneamento da ría? Que os peregrinos a primeira praia que vexan sexa a da Concha é unha vergonza…

Está pendiende de aprobación a financiación con fondos europeos dun proxecto de máis de 10 millóns de euros para o saneamento de Cee e Corcubion. Sei que están traballando nelo. 

 

Xa estamos traballando no programa. Está Víctor Castiñeira nelo, con numerosas e moi boas ideas. 

 
  • QPC: Que ten que facer o Concello para darlle vida ao Parque Empresarial?

Hai que traer empresas. E hai empresas interesadas, sobre todo pola cercanía do porto de Brens. Pero é necesaria pedir a Variante. O proxecto, da época de Touriño está feito… A ver se hai un cambio de goberno nas Autonómicas, e a ver se se executa ese proxecto da Variante, e polo menos que chegue a Autovía ata Berdoias. Temos que pelexar para que chegue aquí

Pero bueno, primeiro hai que facer a limpeza, poñer alumeado, e solicitar a banda ancha, que aínda non ten… Dende que cheguei, moitas son cuestións básicas que non están feitas.

Tamén estamos pendentes do goberno central e terei que volver reunirme co responsable de SEPES, para ver se hai resposta ás axudas que aseguraron que ían dar, as facilidades de crédito ou opcións de aluguer con opción de compra.
Acábase de aprobar o sumisitro para o sistema antiroubo do cableado… É dicir estamos intentando mobilizado.

É certo que depende do Sergas, pero eu sempre digo unha frase que me gusta moito: “o que afecta a Cee e non é competencia do Concello, si que é da nosa incumbencia”. Así que temos que seguir traballando para melloralo e se en 2016 conseguimos o servizo de diálise, pero hai que loitar para conseguir o servizo de cardioloxía unha vez á semana, reanimación 24 horas… Hai que volver a moverse.

Sobre o Centro de Saúde estou pendente de que chegue unha subvención para obras de urxencia. A ver se en setembro podo meterme con cousas tan básicas como calefacción, pintado interior, limpeza de canalóns. Tamén sei que se está tramitado a inscrición do Centro de Saúde no rexistro de propiedades de Corcubión, que é un trámite necesario para que a Xunta asuma certas competencias.

Comentarios