Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Mari Carmen Vila: "Non podemos extrapolar os resultados dunhas eleccións a outras, pero esperemos que siga este tempo de cambios"

Hoxe falamos con Mari Carmen Vila Blanco, candidata do PSOE á alcaldía en Carballo nestas elección municipais do 26 de maio.

Mari Carmen Vila do PSOE de Carballo durante a pegada de carteis
Mari Carmen Vila, candidata do PSOE de Carballo, durante a pegada de carteis
Mari Carmen Vila: "Non podemos extrapolar os resultados dunhas eleccións a outras, pero esperemos que siga este tempo de cambios"
  • QPC: Cales son as liñas principais do seu programa?

Sempre son as persoas. Centro de acción social para entidades sen ánimo de lucro, por exemplo, Afaber, AECC, Vieiro, Cruz Vermella... Tamén avogamos pola conciliación co rual ao respecto do casco urbano así como a variante de Carballo para o desenvolvemento do noso pobo, e principalmente a empresa que conlevaría a creación de posto de traballo. Por último, a seguridade viaria.

  • QPC: Con que aspiracións chega o PSOE as estas municipais?

O PSdeG-PSOE sempre que se presenta a unha cita electoral sae coa máxima aspiración, que pasa sempre por gañar. Non hai outra alternativa.

  • QPC: Credes que o 28A influirá no 26M, ou xerais e municipais non se poden relacionar?

Non se poden extrapolar os resultados dunhas eleccións con outras posto que nas eleccións municipais influen outros factores que non están presentes nas outras citas electorais. En todo caso, pola nosa parte intentaremos que este tempo de cambio tamén influa no senso de que estamos preparados para gobernar. Temos un gran equipo con espíritu de traballo e, sobre todo, de servizo público cara aos noso veciños. Esa é a nosa labor, defender o interese común de todos.

CY5C4F3_184846

  • QPC: Despois de tantos anos no PSOE, repite vostede como cabeza de lista. Como ve ao resto de contrincantes?

No meu caso, é a segunda volta que me presento como cabeza de lista para a alcaldía do Concello de Carballo, aínda que levo anos neste proxecto. Polo que respecta os meus contrincantes políticos non é como teño que velos eu, senón como os ten que ver a veciñanza.

  • QPC: Como ve a situación político de Carballo?

Para que aos carballeses non lles acaba de encaixar a maioría absoluta do BNG. Botan de menos máis esforzos na xestión municipal, polo que se respira un aire de cambio. Neste sentido, nós temos que ser a forza que ofreza un traballo digno e o máximo esforzo para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños.

  • QPC: O PSOE Carballo leva un tempo denunciando o estado dos taludes de Razo. Como está o tema?

Elaboramos un proxecto pagado por nós porque o goberno municipal desentendeuse deste tema. Conseguimos que se incluiran como enmendas os presupostos xerais do estados. Seguiremos a traballar para alcanzar os obxectivos que pretendemos que non son outros cá seguridade das persoas usuarias da praia.

  • QPC: A mobilidade e o tráfico son dous temas que máis preocupan a día de hoxe aos carballeses. Como vedes esta ordenanza? Propoñedes algún cambio desde o PSOE?

Desde o PSOE pensamos que a ordenanza en xeral está ben, salvo a reducción a 30 no casco urbano. Claro que defendemos a seguridade peonil e que a reducción sexa a 30, pero non onde se atopa a sinalización. Porque? Porque entendemos que non é normal a dous quilómetros do centro poñer xa o sinal de 30 porque é moi difícil entrar nas vías principais a esa velocidade. A densidade do tráfico en Carballo non é maior ca na Coruña, por exemplo. Así, entendemos que no entorno de máis densidade de poboación si é necesaria pero entendemos que desde tan lonxe do centro tería simplemente un afán recaudatorio, ou simplemente que nos obrigue a desconxestionar o centro que agora mesmo está colapsado. Se nós gobernamos será o primeiro ao que lle botemos a man.

  • QPC: Outra dos temas electorais é o da circunvalación, para evitar que os camións pesados pasen polo centro urbano. Cal é a posición do PSOE?

A primeira moción do Partido Socialista neste mandato foi a necesidade da circunvalación de Carballo. Agora mesmo o PP e o BNG estanse a pelexar por este tema. Pois ben, queremos recordar que os dous grupos votaron en contra da moción. O Grupo Socialista presentou unha enmenda aos presupostos da Xunta de Galicia para que se incluira e o PP, de Aurelio Núñez, votaron en contra. Agora levamos isto no programa, e como non teñen ideas novas para o noso concello copian as dos demais. 

Nós congratulámonos que neste rifirade a variante veña para Carballo porque é o principal desenvolvemento do nos concello, pero realmente é difícil de comprender que o partido minoritario desta corporación demande o que é evidente, e estes grupos non o vexan salvo en eleccións.

  • QPC: Tamén levades anos pedindo axuda para unha nova sede de Afaber. Como está o tema?

En canto ás asociacións sociais xa o comentei ao comezo desta entrevista. É un compromiso persoal desta concelleira crear un ámbito digno para esta asociación. O noso grupo colabora en todo o que se precise para o seu desenvolvemento. A súa labora social é incomiable e o presuposto co que contan é de vergoña. Temos que facer un esforzo neste sentido, e eu comprométome persoalmente a levar adiante esta iniciativa dun novo local, en colaboración coas distinas administracións. E se hai que ir pedir a onde faga falta, alí estaremos porque hoxe é por eles e mañá será por nós.

Comentarios