Xoves. 18.04.2024
El tiempo

María Bella e as Curandeiras cultivan a sororidade no alumnado do IES Terra de Soneira

Maria Bella leva un Obraodoiro de Igualdade ao IES Terra de Soneira
María Bella desenvolveu un Obraodoiro de Igualdade no IES Terra de Soneira
María Bella e as Curandeiras cultivan a sororidade no alumnado do IES Terra de Soneira

Entre as actividades desenvoltas nos centros de ensino arredor do Día Internacional da Muller, queremos facer fincapé nunha acción desenvolta este pasado luns 9 de maio da man da Asc. Sociocultural feminista As Curandeiras de Vimianzo. O colectivo conseguiu que o alumnado do IES Terra de Soneira tivese acceso a un singular obradoiro de igualdade desenvolto pola doutora en coñecemento e dinamizadora María Bella, reincidindo nunha das ideas que teñen moi clara: “a chave da igualdade está na educación”.

A sesión comezou coa proxección película documental “Tódalas mulleres que coñezo”. Unha impecable maneira de sacar a luz a través do cine todas esas conversas de mulleres que quedaron case sempre sen receptores, ás veces sen tempo nin espazo para suceder, atrapadas en abstracto revoloteando nas nosas cabezas e nos nosos corpos como pensamentos e sentimentos sen voz propia.
O documental, que xa serviu máis veces de recurso na aula, sempre crea unha doble potencia, elas re-encontranse coa voz e eles tocalles re-evaluar a súa.

O exercicio non é doado cando as novas xeracións se teñen que facerse cargo de tanta construción en desigualdade. Ao principio, por isto mismo, tamén se lles propón pensar e sentir o mundo que se nos é dado case como se viñéramos a observalo como extraterrestres. Tamén se lles anima a desencaixar, descolocar e recompoñer un mundo desigualmente construído.

Desta vez arredor de cuarenta estudantes de 3º da ESO sentadas/os en círculo para compartir palabras, miradas, xestos… ían convocándose por orde a expresar as súas experiencias respecto ó medo á violencia na rúa e no espazo público.

A doble sensación ante o medo

O medo delas, sempre presente, claramente non tiña que ver co escaso medo deles e tampoco tiñan que ver as liberdades duns e doutros para ocupar e disfrutar dos espazos comús.

"A dinámica, como a película, o que trata é de demostrar que poden construirse espazos de escoita e conversa nos que poñer en práctica actitudes de igualdade a partir do recoñecemento de experiencias propias de vulnerabilidade", apuntan. "Cultivar a escoita respetuosa, a empatía e o bo trato. Sentir que a sororidade pódese atopar tamén entre homes e mulleres".

Tanto o profesorado, como as impulsoras e mediadora da actividade quedaron abraiadas coa receptividade e participación do grupo, pois mesmo inclusivo alumno animaba a facer máis obradoiros coma este.
Dende a asociación non faltan gañas, xa que teñen previsto moverse por máis centros da zona, sempre que existan recursos humanos e económicos. "Sen dúbida estás dinámicas de autocoñecemento da sociedade na que convivimos son necesarias para para asegurar unha construción do xénero máis inclusiva", explican as Curandeiras.

 

Todas as novas de Igualdade

 

Comentarios