Venres. 19.04.2024
El tiempo

María Lado, Miro Villar, Diana Varela e Branca Vilela, 4 costeir@s na Antoloxía de poesía contemporánea galega de Vicente Araugas

María Lado, Miro Villar, Diana Varela e Branca Vilela, 4 costeir@s na Antoloxía de poesía contemporánea galega de Vicente Araugas
Diana Varela Miro Villar Maria Lado e Branca Vilela na Antoloxia de Vicente Araugas Diana Varela, Maria Lado, Miro Villar e Branca Vilela na Antoloxía de Vicente Araugas Xa debullou Miro Villar a antoloxía polo miúdo, pero esta fin de semana, aproveitando a presentación na Casa de Galicia en Madrid, quixemos facer outra paradiña poética para coñecer como chegaron ata ela o propio Miro, Branca Vilela e María Lado. ”La lluvia en el mar. Una antología de poesía gallega contemporánea”, a unha antoloxía de poesía contemporánea editada polo Grupo Editorial Sial Pigmalión e coordinada por Vicente Araguas (editor literario), foi presentada con gran acollida nese epicentro da cultura galega na capital do estado. Durante a mesma, o editor Rodríguez Cañada explicou que a súa editorial apostou por esta obra “primeiro, pola poesía, xénero polo que, contra os tempos que corren, xogarémonola sempre e, segundo, por un idioma e unha terra [o galego/Galicia] que amamos e á que proxectos como este nos permite permanecer estreitamente vinculados”. El delegado de la Xunta, José Ramón Ónega, en el atril, se dirige a los presentes seguido, desde la mesa, por Vicente Araguas y Basilio Rodríguez Cañada copia O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, diríxese aos presentes seguido, desde a mesa, por Vicente Araguas e Basilio Rodríguez Cañada na presentación da obra na Casa Galicia en Madrid Dos 26 poetas escollidos por Araguas, 4 son poetas da Costa da Morte: María Lado (Cee), Miro Villar (Cee), Diana Varela Puñal (Corme) e Branca Vilela (Fisterra), que nos contan como é a súa participación:

María Lado

”Cheguei a Antoloxía porque fiun condidado por Araugas, un poeta que coñezo dende hai moito tempo que temos unha gran relación de amizade e admiración mutua. Convidoume a participar do proxecto e teño na Antoloxía que son como unha pequena antoloxía propia que eu escollín atendendo a criterios de gusto, realmente, pero daqueles poemas meus que me parecen máis significativos das diversas etapas da miña vida como escritora, aínda que non están todas as etapas, porque faltan os dous primeiros libros”, explícanos. A poeta ceesa incluíu textos da súa obra “a partir de Nove, Amantes… e algúns textos inéditos, por exemplo dous textos que apareceron nos discos do grupo Igmig, no que colaborei lendo dous textos”. Recoñece ademais que “a verdade é unha antoloxía moi bonita, é unha honra estar nela, porque ademais de que leva a poesía a lectores non habituados á nosa poesía como son os lectores en castelán, ademais sempre é unha honra colaborar con Vicente, porque é moi bo no seu traballo como poeta e como antólogo. Ademais, a editorial fixo un traballo marabillosos e tratáronnos moi ben”.

Branca Vilela

”Foi curiosa a miña adhesión ao proxecto porque cando presentei na Casa Galicia a “Antoloxía de Costa da Morte, Territorio Literario”;, na mesa atopabase Vicente Araguas e alí falou o público de que iba facer una antoloxía e que eu tiña que atoparme en ela forzosamente como una das voces mais fortes da Costa da Morte pois a miña poética contemporánea mergúllase nas imaxes e na reivindicación. Eu quedei sorprendida porque non o sabía, explícanos a poeta fisterrá. ”Pouco despois, cando fun a Feria do Libro de Madrid a recoller o premio Escriduende polo mellor libro infantil e xuvenil de contido social, “No silencio dos Lapis”, que fala do acoso escolar, coincidimos na mesma caseta e aí doume o libro”. ”Na antoloxía puxen poemas de diferentes libros meus, ningún inédito e quixen rendirlle una pequeña homenaxe ao meu primeiro libro publicado e a maior parte poemas da parte "Espero" do libro "Me diste la tierra" porque o xogo de imaxes en cada verso faino moi especial. Tamén puxen algún poema do que máis me gusta escribir que é a poesía de contido social porque penso que é una maneira como outra para denunciar as inxustizas”, relata.

Miro Villar

”A esta antoloxía chegamos por criterio persoal do editor literario Vicente Araguas, crítico e recoñecido poeta da promoción dos oitenta, tal e como xustifica no prólogo da mesma que se pode ler no libro e no web da editora Sial Pigmaliōn, nunha colección na que xa viron a luz outras antoloxías. Ao meu ver trátase dunha nova oportunidade (coincide no tempo coa que preparou Chus Nogueira "13 poetas" , de voces máis novas) para ofrecer no exterior unha panorámica da poesía galega das dúas ultimas formadas, na que a presenza da poesía costeira é significativa”. ”No meu caso, as versións ao castelán, que son de autoría propia, permiten ollar a evolución do meu estro poético entre o primeiro libro Ausencias pretéritas (1992) e os últimos, así como agrandar as posibilidades de coñecer e darlle visibilidade aos meus versos, que non é a primeira vez que son traducidos ao castelán e a outras linguas. Calquera antoloxía deste xorne é moi útil para evidenciar que a poesía galega é unha potencia e que non desmerece e mesmo sobarda, ao meu ver, a lírica que se está a escribir noutras linguas europeas, como ten afirmado o poeta leonés Antonio Gamoneda, unha autoridade da poesía mundial contemporánea”.

Diana Varela Puñal

A poeta cormelá tamén está presente na Antoloxía, e cóntanos como foi esa unión. "Hai anos contactaron comigo desde a editorial Pigmalion e publiquei con eles nun libro colectivo unha obra de teatro ("A morte é a tua voz ausente") sobre as últimas horas do poeta Cesare Pavese. O día da presentación na Coruña representamos a obra no espazo cultural do Corte Inglés e a acollida foi moi boa", explícanos sobre a obra que podemos ver embaixo. "Supoño que a raíz desa participación volveron a contactar comigo, desta volta directamente o antólogo, Vicente Araguas, para colaborar neste fermoso proxecto". https://youtu.be/GuM3Tc6AZ_M

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/na-escolma-de-vicente-araguas-editor-literario-la-lluvia-en-el-mar-una-antologia-de-poesia-gallega-contemporanea/ https://quepasanacosta.gal/a-ultima-novela-de-jose-de-cora-desenvolvese-na-casa-do-demo-de-anllons/ https://quepasanacosta.gal/branca-vilela-presenta-en-cee-a-antoloxia-costa-da-morte-territorio-literario/ https://quepasanacosta.gal/a-cormela-que-recita-na-sorbona/

Comentarios