Sábado. 20.04.2024
El tiempo

María Pose aspira en Santa Comba a unha maioría absoluta que evite “pactos estranos”

María Pose aspira en Santa Comba a unha maioría absoluta que evite “pactos estranos”
PRESENTACION CANDIDATURA PP SANTA COMBA

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Santa Comba, a actual alcaldesa despois de recoller o bastón de mando trala dimisión de Antonio Landeira, María Pose, aseguraba o pasado luns na presentación da súa candidatura, que se presenta ás próximas eleccións municipais co obxectivo de lograr unha maioría absoluta que evite a chegada de “pactos estranos” ao goberno municipal.

Pose, arroupada por Negreira, apostou por levar a cabo unha política “ilusionante e en positivo”, que permita mirar cara adiante e afastada das “zancadillas” que impiden avanzar con “paso firme”. “Non vou perder o tempo con polémicas innecesarias nin con insultos”, declarou a candidata dos populares, quen deixou claro que a súa formación non busca “nin pactos estraños nin matrimonios de conveniencia”, e asegurou que non pretende facer do sillón da alcaldía “a súa profesión”, unha muller que xa demostrado o seu espírito social doando, por exemplo, o 50% do seu soldo de alcaldesa aos Servizos Sociais, onde forxou o seu camiño.

Lista do PP de Santa Comba para a Candidatura ás Municipais 2015

Lista do PP de Santa Comba

”Esta é unha candidatura renovada, capacitada, pero tamén con experiencia”, dixo pose destes nomes:

  • María Josefa Pose Rodríguez.
  • María Esther Turnes Espasandín.
  • José García Suárez.
  • José Pose Pazos.
  • Juan Carlos Pérez Gerpe.
  • Juan Carlos Antelo Maroñas.
  • Flora Calo Blanco.
  • Manuel Rafael Liñares González.
  • Jesús Douriño Forján.
  • Palmira Lenita Redondo.
  • Manuel Couto García.
  • María José Negreira.
  • Silvia Couto Nieto.

Novas interesantes

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

Comentarios