Xoves. 25.04.2024
El tiempo

María Solar: “Escribir implica ser como moi de verdade, contar as cousas dende o corazón”

Maria Solar en QPC
María Solar: “Escribir implica ser como moi de verdade, contar as cousas dende o corazón”

O pasado luns, 19 de outubro celebrouse o Día das Escritoras. Esta data naceu co obxetivo de darlle visibilidade e recoñecer a labor, moitas veces invisbilizada, que desempeñaron e desempeñan no eido da literatura, miles de mulleres. Con motivo deste día entrevistamos a unha das voces femininas da literatura galega, María Solar.

Autora de numerosas obras infantís e xuvenís, foi galardoada con premios tan destacados como o Premio Lazarillo de Creación Literaria. Os seus libros foron traducindo a diversos idiomas, tales como o castelán, o polaco ou o filipino. Coa súa obra O meu pesadelo favorito conseguiu ser incluida na prestixiosa lista White Ravens da biblioteca de Munich, que selecciona anualmente os mellores libros infantís do mundo. O seu libro Os nenos da variola, onde conta a historia basada en feitos reais, de 22 nenos galegos orfos que levaron a vacina da variola a América, e continua actualmente entre os libros en galegos máis vendidos e recentemente foi adaptado a teatro pola compañía Pérez & Fernández.

Ademais María é xornalista, presentadora de coñecidos programas de televisión como Zig Zag Diario (galardoado no ano 2012 e 2013 co premio Mestre Masteo da Academia Galega do Audiviosual ao mellor programa de TV) ou A Revista Fin de Semana (que tamén obtivo o mencionado galardón no ano 2018). Por último cabe resaltar, que a propia María, en numerosas ocasións resultou finalista nos Mestre Mateo dentro da categoría de Mellor Comunicadora de TV.

 
  • Ana Gil Rey: Como nace o teu interese polo mundo da literatura, María?

Diría que vén de sempre.Dende empezar con comics dende pequeniña de todo ata despois ir lendo libros. Pertenzo a unha xeración, que somos agora as escritoras , que xa tiña literatura infantil e xuvenil en galego para nós. A xeración anterior no puido ler libros en galego, así que síntome afortunada por elo. Empeceo a escribir no instituto, había un concurso e gañeino varias veces. Deixei de escribir durante anos, facía cousas pero para min pero non as publicaba.

 
  • A.G.R.: Cómo comeza o teu camiño no mundo da literatura?

No 2005 tiven unha parada profesional, estaba traballando en televisión e radio e de repente quedeime desempregada. Entón pensei que era o momento de reinventarme, escribín e mandeino a unha editorial. Publicáronse tres anos despois, en 2008.Os primeiros libros que lancei eran de ficción.

 
  • A.G.R.: Tiñas claro que querías adicarte ao xornalismo?

Inicialmente non o tiña pensado. Ao rematar o instituto eu non tiña claro que quería facer, funo descubrindo. Fixen Maxisterio, e mentres o facía apunteime nun curso de dobraxe. En Maxisterio tiven un profe moi bo de Bioloxía e decidín que cando rematase quería facer esa carreira. Mentres tanto, despois de facer o curso de dobraxe, presenteime a unhas probas que realizaron para estar na radio, como xa fixera o curso tiña a voz educada, e colléronme. Así foi como traballando na radio me puxen a facer Bioloxía. Durante a carreira deime conta de que me gustaba moito o mundo da radio e da tele, así que decidín tirar por aí. Fixen unha proba para Radio Galega, saíu ben e cando xa levaba varios anos no mundo da radio decidín estudiar xornalismo. Así foi levando unha cousa a outra, máis en fío do que en principio parece (Risas).

 
  • A.G.R.: Que dirías que é o máis che gusta das túas profesións?

Na de xornalista ou na de escritora? Case que diría que nas duas me apaixoa o mesmo: comunicar. Non é o mesmo falar que comunicar, establecer conversa coa xente. Na tele conto realidade e na escritura pódome inventar historias e mundos, a través dos cales espertar sentimentos e emocións na xente.

 
  • A.G.R.: Que implica para ti o proceso de escritura?

Busco unha historia, algo que queira contar. Cada obra é moi distinta, con cada libro funciono diferente. Durante a obra, sí que tes unha meta con algo que queres contar no libro, cousas que teñen que ver co que pensas ou coa vida. Escribir implica ser como moi de verdade, contar as cousas dende o corazón. Poñerte na pel dos personaxes, que poden no ter nada que ver contigo, e intentar ser fiel a como serían eles. Implica meterte na pel deles, non ver a vida dende un punto de vista único.

 
  • A.G.R.: Escribes sempre no mesmo lugar ou nas mesmas condicións?

Cando poido. Cando teño un cachiño métome na historia. Non sempre estás producindo para adiante. Na cociña, na cama, nos ratos libres. Intentando non quitarlle tempo aos nenos, medran tan rápido que nada merece a pena.

 
  • A.G.R.: Recomendas escribir a diario ou cando chegue a inspiración?

Escribir é un traballo, se esperas a que che chegue a imaxinación é complicado. Escribes e escribes e ao mellor despois tes que tirar cousas pero non pasa nada, a inspiración tente que coller traballando. Son moitas horas ti soa, aí non che pode axudar ninguén. Coñezo moita xente que di que quere facer un libro e o meu consello ante iso é: faino. É sacrificado, haberá veces que non che apeteza, non todo é tan marabilloso. O mundo da escritura ten sempre ese halo, pero hai que sentarse e tomalo en serio.

 
  • A.G.R.: Que consello que lle darías ás persoas que están comezando?

Que escriban moito, que se poñan e lle adiquen horas. Non hai un método único. O primordial é sentarse e escribir. Uns días o que escribas será mellor ou peor. Recomendo escribir e pasado un tempo volver a lelo, en definitiva,traballar na escrita, lelo e relelo ata que o que estés contando cobre sentido. Tamén lles diría que as cousas nun caixón non fan nada, cando o rematen que o envíen. Se non tivese mandado nada á editorial hoxe non estaríamos a ter esta conversa.

 
  • A.G.R.: Cal dirías que foi o libro que máis che custou?

Diría que Os nenos da variola, pois tivo unha fase de documentación, que extendín case 12 anos. Unha vez documentado escribino bastante ben pero en canto á documentación foi moi complicado.

 
  • A.G.R.: E do que máis desfrutaches?

Do que máis disfrutei foi o de As horas roubadas, é unha obra na que hai amores, desamores, traicións... Cando deixaba de escribir é como se o vivira quedaba con boas ou malas sensacións en función do que pasara no capítulo. Cando o rematei deume pensa desfacerme deles. Costoume porque en certo modo, son un cachiño de ti. Nunca empezo un libro tras outro. Necesito un tempiño para saír dos personaxes.

 
  • A.G.R.: Intentas que os lectores saquen algunha ensinanza dos libros?

O que me importa son as historias.Ensinanza a través das historias non, para nada. A literatura non está para iso, o libros transmiten cousas, ten que crear un sitio para que pense o lector, a súa propia idea. Traballo de outra maneira, o libro de Quoka Mokka, forza grande falando de distintas culturas, empatía. Visita o mundo do revés e pensan que están do dereito, ademais de rir e pasalo ben cando rematan o libro pensan nel. Pregúntanse como pode ser que o que está do revés pense que está do dereito e cuestiónanse as cousas.

 
  • A.G.R.: Como é María no seu día a día?

Intento ser a mesma na tele, na radio e na casa. Gústame moito pasar tempo coas persoas, coa miña familia, compartir momentos, lembranzas. Penso que ao final de todo iso é o único que vale a pena.

A escritora Maria Solar

Outros detalles

  • Filosofía de vida: Só hai unha vida, é preferible facer algo e equivocarse a non facelo. Non hai que ter medo de vivir.
  • Cómida á que non lle dis que non: Un cocido.
  • Hobby: Ler e viaxar e sobre todo pasar tempo coas persoas que me importan.
  • Grupo ou cantante que non te cansarías de escoitar: Red Hot Chilly Peppers.
  • Escritores e escritoras favoritos: Eli Ríos, Teresa Moure, Diego Giráldez, Ledicia Costas, María do Cebreiro...
 

Entrevistas que che poden interesar

Comentarios