Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Mariscadoras de Muros descubren a cociña creativa a través dos productos do mar

Mariscadoras de Muros descubren a cociña creativa a través dos productos do mar
candieira-gac-costa-da-morte Miguel Mosteiro dirixiu un obradoiro sobre a elaboración de diferentes pratos a base de conserva Un bo grupo de mariscadoras da ría de Muros-Noia participaron estes día nun obradoiro que tivo lugar no Viveiro de Empresas de Noal, en Porto do Son, no marco do programa EMBARCA da Rede de apoio e promoción das mulleres do mar Candieira, unha experiencia de acompañamento que busca prototipar e probar novos modelos de intercambio asociados ao mar, aos seus produtos e ao patrimonio natural. As participantes comezron por recoñecer os alimentos que Miguel Mosteiro - un mariñeiro antes que chef - escolleu para unha sesión de cociña dedicada á elaboradción de diferentes pratos a base de conserva. Un dos momentos máis emocionantes do obradoiro foi o de abrir as latas e comprobar que todo lucía e sabía delicioso. A partir de aí comezou a sesión práctica: aprenderon a limpar a xarda, a abrir os salmonetes, a aproveitar as vísceras, as cabezas e as espiñas para facer salsas e fumet mentres seguían os consellos de Miguel Mosteiro á hora de preparar elaboracións pouco habituais nas cociñas familiares como o ceviche de berberechos con cebola morada; o risoto de codium con berberechos; a xarda lacada con risoto de berberechos e codium; os salmonetes con touciño ibérico, chícharos, salicornias e salsa dos seus figadiños ou as fabas con ameixas en emulsión de codium. O cociñeiro do grupo IN9 Eventos mostroulles ás participantes de Saberes e Sabores o potencial das conservas, a súa versatilidade gastronómica e o ben que combinan con outros froitos do mar e da terra. Compartiu con elas as receitas e animounas a seguir explorando os produtos mariños, como recursos culinarios e produtivos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios