Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As mariscadoras viven na súa pel a problemática do lixo mariño

Sesions do programa Rias Sostibles coas mariscadoras de Muros-Foto-ADEGA
Unha das sesións do programa Rías Sostibles coas mariscadoras de Muros-Foto-ADEGA
As mariscadoras viven na súa pel a problemática do lixo mariño

En pleno proceso de desenvolvemento se atopa o completo proxecto de “Rías sostibles”, que promove o GAC do sur da bisbarra e ADEGA. Un proxecto que comezaba no mes de agosto, que involucra directamente ás mariscadoras, e mariñeiros, dos pósitos de O Pindo, Lira, Muros, Noia e Porto do Son na loita contra o lixo práctico. Pero faino dende unha perspectiva máis achegada, máis directa, con contidos e experiencias máis máis ligadas á realidade profesional que aos criterios ecolóxicos (que tamén).

A iniciativa trata de “sensibilizar sobre o impacto do lixo mariño facendo que o sector extractivo adoite unha serie de prácticas na vida persoal e profesional para reducir a cantidade de lixo que acaba nos ecostistemas mariños, e que lles afectan directamente, naqueles espazos nos que mariscan”, explica Fins Eirexas.
E a chave é que “en moi breve tempo a presencia de microplásticos nos organismos comercializados vai engadirse ao estudo da calidade dos mariscos, como son as bacterias, de xeito que van repercutir non só na nosa saúde, senón tamén na actividade económica”, explica. “É un tema que lle interesou moitísimo porque lles repercute directamente; está xa incidindo na produtividade dos seus bancos mariñeiros e incidirá moi pronto nos prezos”.

Varias fases

Son varias as fases que se repiten nas 5 confrarías. A primeira parte, de diagnose, xa se realizou, tendo xuntanzas coas profesionais recollendo as súas impresións sobre a presencia de lixo mariño no seu contorno. A resposta e a involucración foi moi positiva en todos os pósitos.

A segunda fase é a fase de recollida, calificada como Lixoblitz, “unha recollida de lixo pasiva, é dicir mentres mariscan, mentres traballan”. Precisamente un dos obxectivos do programa é fomentar a implantación de hábitos coma este.
Realizouse durante 4-5 días de traballo, en presencia dos promotores, recolléndose luvas de látex e chama a atención a cantidade de solas de calzado que apareceron, latas, paus dos ouvidos, téxtiles, vidro e, como curiosidade, unha cinta VHS. A sesión realízase tamén para facer unha sondaxe sobre todo dos microplásticos, os que teñen menos de 5 mm de diámetro.
Aproveitouse esta actividade para falar de alternativas ao uso de plástico e explicouse a separación selectiva do lixo do Complexo Medioambiental Serra do Barbanza.

Recollendo lixo marino na Berberecheira-Foto-ADEGA
Recollendo lixo mariño na Berberecheira-Foto-ADEGA

A terceira fase, en actual desenvolvemento, é o da categorización dese plástico recollido, e que fica gardado nas confrarías, para “analizar cal é a súa natureza, de onde ven, e como se pode relacionar coa recollida municipal”. É moi interesante o dato de que só un 20% do lixo mariño provén das prácticas pesqueiras, de aí que todo nos involucre como cidadáns.
Ademais, a análise serviu para ratificar que “zonas máis poboadas como Muros ou Noia teñen gran cantidade de macrolixo mariño, se ben zonas como Carnota teñen un alto impacto de microplásticos, que mariscos filtradores poden introducir na cadea trófica”, explica Eirexas. “O Atlántico é unha enorme balsa de lixo que navegan pola corrente, e pode darse que chegeun as nosas costas microplásticos de Florida…”

Formación

En breve comezará a formación (serán 8 horas con completa adaptación de horario) nas confrarías, para ver como se pode reducir ese lixo, e para ter un protocolo que sirva de guia para aplicar no eido profesional, que se poida engadir aos seus plans de explotación.

A última parte do proxecto. Sería suscribir un acordo de custodia, un acordo informal e voluntario, entre as confrarías e ADEGA para vixiar as zonas de traballo para detectar.

Comentarios