Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Martes de talento para o Entroido de Camariñas

Martes de talento para o Entroido de Camariñas
entroido Camarinas 2017

O vindeiro martes 28 de febreiro será o Martes de Entroido en Camariñas. Un día no que haberá o concurso de disfraces e comparsas, que repartirá máis de 1500€ en premios. O máis grande, o primeiro primeiro das comparsas, con 800€ (400€ para a 2ª e 200 para a 3ª). A novidade deste ano será a categoría ”Camariñas Talent”, cun único premio de 150 euros para o grupo ganador. Os participantes nesta categoría poderán mostrar as súas habilidades ante o xurado no que eles consideren, como cantar, bailar... e non é necesario que participen no desfile que se celebra o mesmo día antes do concurso.

A festa comezará ás 17:00h da tarde cun desfile polas rúas de Camariñas e a continuación seguirase a festa no pavillón polideportivo para elixir aos mellores disfraces. Tamén haberá música, xogos de animación, hinchables, chocolate, filloas e orellas. Os participantes deberán de anotarse na biblioteca municipal ata o próximo 27 de febreiro.

Polas parroquias

Ademais do concurso principal que se celebra na capital municipal, nas demais parroquias haberá festas de Entroido os días previos. O 25 de febreiro haberá un Festa de Hinchables na Ponte do Porto, ás 17 horas no pabellón municipal. A parte das actividades dos nenos, repartirase chocolate, filloas e orellas entre os participantes.
Ao día seguinte, o domingo 26 de febreiro celebrarase outra gran festa de Carnaval na Praza da Igrexa de Xaviña. Comezará ás catro da tarde con música, concurso de disfraces e degustación dos produtos típicos do Entroido. O acto está organizado pola Asociación Abrindo Rejo e o Concello de Camariñas. Tamén haberá unha carpa por si chove.
O día 27 os actos trasládanse a Camelle, a partir das cinco da tarde. Na Casa do Alemán haberá actividades para os máis pequenos, música, disfraces e degustación de produtos típicos.

Enterro da Sardiña

Os actos de Carnaval finalizarán o día 4 de marzo co tradicional Enterro dá Sardiña. Ás cinco da tarde será o velorio na Casa de Pedra, e a continuación seguirá a marcha fúnebre. Para as seis está previsto o enterro na Praza do Mercado e unha gran chocolatada. Neste acto colaboran As Choronas e a ANPA de Camariñas.

Axenda de Entroido Fonte  

Comentarios