Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Maruja Mallo regresa á Galería Mulleres

Maruja Mallo regresa á Galería Mulleres
galeria-mulleres-maruja-mallo galeria-mulleres-maruja-mallo
Maruja Mallo é a protagonista do día das Artes Galegas deste ano. Por este motivo, a biblioteca de Muxía volve a adicarlle ao longo deste mes a Galería Mulleres a esta pintora galega. Ademais dun cartaz conmemorativo, a biblioteca terá un lugar destacado para consultar as obras da artista.
Está considerada como artista da xeración de 1927 e é unha artista da denominada vangarda interior española Foi a cuarta filla de catorce irmáns. Naceu en Lugo en 1902 e faleceu 93 anos despois en Madrid. Por motivos familiares, trasladouse a vivir a Avilés onde comezou a súa formación na Escola de Artes e Oficios e alí entablou amistade co pintor avilesino Luis Bayón. En 1922 trasladouse a Madrid onde entrou a estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Alí tamén tivo a oportunidade de relacionarse con artistas da tallade Salvador Dalí, Concha Méndez, Gregorio Prieto, Federico García Lorca, Margarita Manso, luis Buñuel, María Zambrano ou Rafael Alberti.
Traballou para numerosas publicacións literarias como La Gaceta Literaria, El Almanaque Literario ou a Revisa Occidente e fixo portadas de varios libros. Ortega y Gasset coñece os seus cadros e organizalle a súa primeira exposición, que foi todo o un acontecemento cultural en Madrid.
Maruja Mallo colaborou intensamente con Alberti ao mesmo tempo que pintou a serie "Cloacas y campanarios". En 1932 obtivo unha pensión da Junta de Ampliación de Estudios para ir a Paris onde coñeceu a distintos artistas e participou en importantes tertulias. A súa primeira exposición en Paris foi na Galería PierreLoeb en 1932, momento no que comeza a súa etapa surrealista. Pouco despois comezou a súa etapa constructiva mentras seguía expoñendo cos pintores surrealistas en Londres e Barcelona. Participou como docente nas Misións Pedagógicas que a achegan á súa terra natal poucos meses anos de iniciarse a Guerra Civil que a obrigará a marchar para Portugal no ano 36. Pouco tempo despois trasladouse a Arxentina onde estivo exiliada durante 25 anos. Alí siguiu pintando, dando clases e cultivando amistades, entre as que estaban Pablo Neruda.
En 1962 regresou a España e instalouse en Madrid. Anos despois comezou a súa última etapa pictórica con "Los Moradores del vacío". Foi Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes e Premio de Artes Plásticas de Madrid. En 1990 recibiu a medalla de Ouro da Comunidade de Madrid e en 1991 a Medalla de Galicia e n 1993 unha exposición súa inaugurou o Centro Galego de Arte Contemporáneo de Santiago de Compostela.

Galería Mulleres de Muxía

Máis novas relacionadas

Fonte

  • Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios