Venres. 19.04.2024
El tiempo

Matrioskas abre a 6ª edición do Mes da Fundación

Matrioskas abre a 6ª edición do Mes da Fundación
matrioskas-mes-fundacion-cee "Matrioskas" é un espectáculo músico-teatral no que as mulleres son as grandes protagonistas O pasado sábado arrancou en Cee a 6ª edición do Mes da Fundación; un programa posto en marhca pola Fundación Fernando Blanco de Cee para lembrar o nacemento en outubro de 1796 do mecenas ceés, e nacemento, 90 anos máis tarde, do antigo Instituto da Fundación Fernando Blanco de Lema (actual I.E.S. Fernando Blanco de Cee). O completo programa abriuse co espectáculo músico-teatral "Matrioskas" no que as cantadoras Marta Ortiz e Sofía Espiñeira xuntaron verbas e música para desenvolver unha proposta fermosa, emotiva e reivindicativa na que as mulleres foron as grandes protagonistas do evento. Próxima cita Mañá, martes 9 de outubro, arranca a sección adicada ao centros escolares de Cee, co espectáculo "O ritmo do Camiño" da Compañía A Tropa de Trapo, integrada pola mesma Marta Ortiz e Brais das Hortas, que narrarán unha fermosa historia de amizade entre unha nena galega e un neno do Congo. A función está dirixida ao alumnado de 3º e 4º de Primaria do CEIP Eugenio López e do CPR Manuela Rial de Cee, así como tamén para usuari@s de Aspadex. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/a-fundacion-fernando-blanco-de-lema-celebra-outro-mes-da-fundacion/ Fonte

Comentarios