Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Mazaricos amplía a curta rede de áreas para autocaravanas na Costa da Morte

Mazaricos amplía a curta rede de áreas para autocaravanas na Costa da Morte
Carnota é o centro das autocaravanas na Costa da Morte Carnota e o centro das autocaravanas na Costa da Morte

Despois da revolta gandeira (ollo que pode que non rematase aínda) segue o alcalde de Mazaricos tendo unhas semanas completas. Xuntanzas e xuntanzas coa xente do couto de pesca do río Beba, coa asociación Cabalar, coa Xefatura da Consellería de industria e Medio Rural, cos veciños de Corzón, coa Asociación Eu son Mazaricos, con ABanca, co equipo de fútbol…

Pero unha das que queremos resaltar é que mantivo Juan José Blanco co presidente da Asociación Galega de Autocaravanas. A idea foi explicarlle a nova área para eses vehículos que se vai construir na Picota.

Unha iniciativa moi interesante, tendo en conta que Mazaricos pode ser unha porta de entrada moi boa dende Santiago á zona costeira, e que son moi poucas as áreas para esta clase de vehículos na Costa da Morte. Pouquísimas tendo en conta a cantidade de caravanas que nos visitan cada ano, e o sinxelo que é poñer unha área decente, pois apenas require un punto de recollida de augas grises e de augas fecais e un punto de reposición de auga.

Unha area de autocaravanas so necesita un punto de recollida de augas residuais e un de reposicion Unha área ara autocaravanas, como a de Lombáns, en Carnota, apenas necesita un punto de recollida de augas residuais e un de reposición

Ollando o mapa de áreas de autocaravanas de Galicia da AGA, comprobamos que Áreas de verdade, só temos a área de Lombáns, en Carnota, un dos poucos concellos que confían nesta clase de turismo, sendo o epicentro costeiro para os autocaravanistas, pois tamén hai parada en Lira.
Temos outras infraestruturas na zona, como a Área en ruta da Estación de Servizo Bazarra, en Cee.

Temos ademais varias zonas de Aparcadoiros, como o porto de Camariñas, o Santuario da Barca de Muxía, o porto de Fisterra (hai agora unha área privada), o Faro Fisterra e a Praia Langosteira. Ademais en Muros hai tamén unha zona de aparcadoiro en A Vouga.

Zona de aparcadoiro para autocaravanas en A Vouga Muros Zona de aparcadoiro para autocaravanas en A Vouga, Muros

Área completa na Picota

Así, gracias á iniciativa municipal, A Picota terá unha nova área para autocaravanas. A idea é que exista a posibilidade que as autocaravanas teñan un sitio seguro e especialmente habilitado para eles, con conexións eléctricas, baleirado de resíduos…

Trátase, con esta iniciativa, de incentivar aos viaxeiros a utilizar A Picota como un sitio de referencia na zona, que abrangue Costa da Morte, Muros - Noia, Xallas, etc.

Esta iniciativa conta cos parabéns da Asociación Galega de Autocaravanas, como confirmou o presidente da entidade ao alcalde.

O alcalde de Mazaricos co presidente da Asociacion de Autocaravanas de Galicia O alcalde de Mazaricos co presidente da Asociacion de Autocaravanas de Galicia

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios