Martes. 16.04.2024
El tiempo

Mazaricos concede unha liña de axudas para a creación de novas empresas

Mazaricos concede unha liña de axudas para a creación de novas empresas

O Concello de Mazaricos vén de sacar unhas axudas con fondos propios para a creación de empresas no Concello. Un programa que ten a finalidade de colaborar de maneira activa na xeración de emprego no concello apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais dentro do ámbito municipal.

Son 20.000€ destinados aos novos emprendedores cunha axuda máxima de 3.000. Poden consultar máis información no BOP.

Axudas a estudantes

Ademais, o Concello tamén saca unha liña axudas a estudantes para este curso. O concello destina un orzamento de 16.000 euros, do cal uns 13.900 euros son para desprazamentos e 2.100 para libros e material didáctico.

DNI

Se tes que renovar o DNI podes facelo o 13 de decembro, pero lembra chamar antes para anotarte ao 981 96 71 04

Fonte

  • Mazaricos.

Comentarios