Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Mazaricos énchese de música tradicional co Pasabares’17

Mazaricos énchese de música tradicional co Pasabares’17
Pasabares Mazaricos 2017

Tradición por partida doble: aposta pola música tradicional, e por levala aos bares, os centros sociais máis efectivos do país. A Asociación de Amas de Casa de Mazaricos en colaboración co Concello, organiza o Pasabares ́17. Esta cita terá lugar o sábado 22 e pretende difundir a música tradicional a través dun formato lúdico e de cercanía, por iso os grupos participantes irán de bar en bar desde as 5 da tarde ofrecendo o seu espectáculo musical.

As agrupacións son: Petaforte, O Verán, Os Cabaços, Os Campantes, Os Sentenarios, Os Candainas, As Pandereteiras do Liceo de Noia e Entra. Ademais, a partir das 11 da noite haberá concertos con Os da Porfía, Tres Pesos e Os Faíscas da Pontraga. Durante os con- certos haberá sorteos.

A presidenta da Asociación, Laura Prado afirma que “é importante que o asociacionismo leve a cabo actividades para dinamizar o Concello e iso é o que vimos facendo as Amas de Casa desde sempre”. Por outra banda subliñou que “decidimos facer o Pasabares porque cremos que é un xeito dinámico de achegar a música tradicional á veciñanza”.

Novas relacionadas

Comentarios