Venres. 29.03.2024
El tiempo

Mazaricos entregou os premios do certame literario máis antigo de Galicia

Mazaricos entregou os premios do certame literario máis antigo de Galicia
e esquerda a dereita o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro; o accésit, M. Anxo Martínez; o gañador, José Carou; o accésit, Bibiana García; a filla de Modesto Rodríguez Figueiredo, Mª Xosé Figueiredo e o mantedor do acto, Manuel González e esquerda a dereita o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro; o accésit, M. Anxo Martínez; o gañador, José Carou; o accésit, Bibiana García; a filla de Modesto Rodríguez Figueiredo, Mª Xosé Figueiredo e o mantedor do acto, Manuel González O auditorio da Casa da Cultura de Mazaricos acolleu a entrega de premios da XLIV edición dos premios de relato curto Modesto Rodríguez Figueiredo. O concello mazaricán quixo colaborar co certame literario máis antigo de Galicia, que organiza a Fundación Pedrón de Ouro. O mantedor do acto, o académico mazaricán Manuel González O mantedor do acto, o académico mazaricán Manuel González O mantedor do acto, académico e fillo predilecto do Concello, Manuel González González pronunciou un sentido discurso enlazando as cualidades de Mazaricos coas do premio: “Ningún sitio máis acaído para a entrega deste premio, o máis enraizado enGalicia, ca o Concello de Mazaricos, berce de galeguidade ata os miolos, cunhapersonalidade conformada ano a ano, século a século, desde tempos ben recuados na historia”. González tamén recordou a todas as personaxes que pareu Mazaricos, desde Tania Fuegho a Ismael Ramos, pasando polo seu compañeiro de infancia, o escritor Silvestre Gómez, que formou parte do xurado desta edición. Despois da música de Xoán Curiel e benvida do alcalde Juan José Blanco Riveiro, chegaba o momento da entrega. O gañador, José Carou recibiu o primeiro premio, cunha dotación de 1000€ pola obra “Afán e infortunio dos días estragados”. O autor afirmou sentirse “máis profesor de filosofía que escritor” se ben ambas cousas “resultan plenas”. Miguel Anxo Martínez Oubiña e Bibiana García Soto, conseguiron os dous accésits, dotados de 400€ polas obras “Serpes” e “A liberación tras a escuridade”. O gañador, José Carou cos dous accésits, M. Anxo Martínez e Bibiana García ao fondo O gañador, José Carou cos dous accésits, M. Anxo Martínez e Bibiana García ao fondo

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/mazaricos-aporta-a-sua-colaboracion-no-historico-certame-literario-mais-antigo-de-galicia/

Comentarios