Venres. 29.03.2024
El tiempo

Mazaricos prepárase para a feira da maquinaria agrícola

Mazaricos prepárase para a feira da maquinaria agrícola
Xa está todo en marcha para que as últimas novidades da maquinaria agrícola se presenten os próximos días 14 e 15 de xullo na Picota. Será no marco da segunda edición da Xuntanza de Maquinaria Agrícola de Mazaricos - Xumagra -. Para o alcalde, Juan José Blanco Riveiro “esta convocatoria xa é unha parada indispensable cara o evento do ano no noso concello, a Semana Gandeira”. O coordinador da organización do evento, Benito Martínez afirma que “esta segunda edición é o sinal da consolidación de  Xumagra. Mazaricos é un concello gandeiro, polo que este tipo de convocatorias son moi importantes para as persoas que se dedican a este negocio”. Martínez subliñou que “virá unha boa cantidade de empresas profesionais da zona e tamén algunha doutras zonas tanto no caso da maquinaria como dos coches”. E é que as persoas visitantes tamén poderán atopar un novo utilitario grazas á sección de coches de ocasión que inclúe Xumagra. Así, no exterior do multiusos poderanse contemplar os últimos modelos de máquinas das principais marcas. Tractores e apeiros de grandes dimensións en xeral estarán dispostas para quen desexe mercalas para facilitar traballos como recoller o millo ou a herba. Ademais haberá pulpeira e churrasco para quen queira rematar a xornada cun pequeno banquete. Novas relacionadas Fonte

Comentarios