Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Mazaricos renova a súa rede viaria

Mazaricos renova a súa rede viaria
Mazaricos vén de renovar unha boa parte das súas vías, de competencia municipal, despois de investir nos últimos dous ano máis de 145.000 euros achegados dende a consellería do Medio Rural dentro do plan marco de camiños. En concerto, no 2016 Mazaricos recibiu 77.274 euros para o mantemento e posta en valor das vías de Maroñas a Cuiña, de Lago ao Encoro, de Lago a Pidre e de Casteliño a Gosolfre. E en 2017 arranxou os camiños de Hurreiras en Alborés, de Asenso a Pino do Val en Chacín, pistas en Mámoas, camiño de Atán a Fonte Codeso e a pista de Mancos en Vaos, cun total de 68.402 euros. Ademais, xa está asignada a achega que lle corresponde neste exercicio, outros 68.403 euros, que o goberno local xa pode pedir formalmente, ao estar aberto o prazo de solicitude. O Plan de mellora de camiños de Medio Rural está dotado este ano con 16 millóns de euros que permitirán a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais de toda a comunidade. Respecto ao reparto de fondos, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) acordou no seu momento coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) os criterios de distribución, cunha base fixa de 15.000 euros por localidade, que pode ir aumentando en base a conceptos como número de habitantes, a superficie, o peso do agro, así como o grao de envellecemento ou despoboamento. Fonte

Comentarios