Venres. 29.03.2024
El tiempo

Mazaricos triunfa no Salón Internacional de Turismo Gastronómico cos bolos do pote

Mazaricos triunfa no Salón Internacional de Turismo Gastronómico cos bolos do pote
Esther, Maruja e Laura, da asociación de Amas de Casa de Mazaricos, fixeron unha showcooking dos bolos do pote Esther, Maruja e Laura, da asociación de Amas de Casa de Mazaricos, fixeron unha showcooking dos bolos do pote Mazaricos levou ata Ourense unha das súas mellores exquisiteces: os bolos do pote. Este plato tan simple, ainda que cun proceso de elaboración meticuloso, tivo moi boa acollida entre os visitantes do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que comezou onte en Ourense e continúa ata o domingo. "É a primeira vez que participamos en Expo Ourense e, a verdade é que xa estamos pensando na edición do ano que vén" asegura dende o concello de Mazaricos. Ata a capital das termas desprazáronse tres veciñas da asociación de Amas de Casa do municipio, Esther, Maruja e Laura, que se encargaron de facer unha showcooking do convite mazaricán. Esta demostración retransimitiuse en streaming. festa-bolo-pote-mazaricos-2016   O concello de Mazaricos aproveitou a ocasión para presentar a XVIII festa do Bolo do Pote que terá lugar os días 5 e 6 marzo e na que participan unha boa parte dos locais hostaleiros do municipio.   Os productos de Camariñas estiveron presentes no stand da Deputación Os productos de Camariñas estiveron presentes no stand da Deputación Pan de Carballo en Xantar Pan de Carballo en Xantar Ademais dos bolos do pote, en Xantar están presentes outros manxares da Costa da Morte. Tales como o pan de Carballo, as filloas de Zas, o "Sabores e saberes" de Camariñas e os productos de Vimianzo que hoxe serán os protagonistas do stand da Deputación. Jorge Guitián e Anna Mayer xunto con Manuel Antelo cos productos que presentarán en Xantar Jorge Guitián, Anna Mayer e Manuel Antelo levan os productos de Vimianzo ata Xantar Durante toda a xornada poderase degustar a Bica vimiancesa e as Pedras do Castelo. Ás 20 horas terá lugar unha unha showcooking sobre os Pinchos Irmandiños e a festa do Asalto ao Castelo. A presentación correrá a cargo do gastrónomo e historiador Jorge Guitián e da cociñeira Anna Mayer. A este acto ten previsto acudir o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, acompañado de representantes da corporación. Mañá haberá unha showcooking das filloas de Zas Mañá haberá unha showcooking das filloas de Zas O turno do concello de Zas será mañá sábado. Ata alí desprazarase unha comitiva do municipio para preparar in situ unhas boas filloas coas que seguro que deleitarán aos comensais. A showcooking será ás 16:30 horas. Campaña de promoción turística Precisamente onte celebrouse do Día da Coruña no 17º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, conmemoración que a Deputación coruñeses aproveitou para presentar a súa nova estratexia de promoción turística. Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación, explicou as principais trabes da nova estratexia de promoción turística artellada en seis destinos dos que se fai fincapé nas súas particularidades. “Nos seis destinos, a oferta gastronómica de calidade é referencia para o sector  e un dos principais reclamos para atraer público que busca o benestar en espazos de riqueza natural e patrimonial con produtos e gastronomía de nivel”, defendeu a vicepresidenta da Deputación que explicou tamén a aposta dos distintos concellos por compaxinar “a recuperación da tradición con produtos como o bolo de pote de Mazaricos e a modernidade coas propostas de ourizos e algas de Camariñas ou as distintas receitas de cociña innovadora e produto de calidade da Arousa”, dixo, referíndose a dous dos showcookings da xornada. “Rías Altas: Ferrolterra e Eume”, “Rías Altas: A Coruña e As Mariñas”, “Costa da Morte”, “Terras de Santiago”, “Rías Baixas: Ría de Muros e Noia” e “Rías Baixas: Ría de Arousa” son os seis destinos de especial interese da provincia da nova estratexia promocional da Deputación da Coruña que se está a trazar da man dos propios concellos, coa creación dun foro para traballar conxuntamente na promoción do turismo gastrómico. Novas relacionadas Fonte

Comentarios