Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Mazaricos unificará unha rede de máis de 100 km de sendas

O proxecto inclúe a creación dunha senda entre o Monte Pindo e a Ponte de Brandomil pola beira do Río Xallas
 
O concelleiro de Turismo Jorge Sanmartín con Xose Regueira e Juan Blanco
O concelleiro de Turismo Jorge Sanmartín con Xose Regueira e Juan Blanco
Mazaricos unificará unha rede de máis de 100 km de sendas

”O Plan estratéxico conxunto de sendas dentro do concello incluirá o deseño e execución de tres novas sendas e a conexión de todas as existentes no territorio nunha iniciativa necesaria que significará unha mellora da seguridade viaria e tamén da promoción patrimonial e turística do concello”. Así explica o alcalde Juan Blanco, o novo proxecto que vén de asinar co vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.

En total os novos trazados completarán unha rede de máis de cen quilómetros fundamental para a promoción turística e a seguridade viaria, incluindo o trazado que unirá Pino de Val coa Insua, e as novas sendas da fervenza e Monte Pindo-Ponte de Brandomil, que atravesa tres concellos nun roteiro de especial riqueza patrimonial, co Camiño Santiago e a Vía Mariana. Será unha ruta de 45 quilómetros de lonxitude e que discorre á beira do Río Xallas, que pasará por lugares de especial relevancia patrimonial artística e natural como a aldea de Arcos, o miradoiro de Enxilde, a devesa de Anllares, o alto da Ruña, a aldea de Colúns, Ponte Olveira, o Miradoiro de Corzón, o encoro da Fervenza ou o Miradoiro de Lago-Aro.

O obxectivo do proxecto é tamén unificar todas as rutas e enlazar o Camiño de Santiago e a Vía Mariana coas distintas sendas do concello.

Comentarios