Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Mazaricos volve convertirse nunha pequena África

Mazaricos volve convertirse nunha pequena África
Festa African en Mazaricos 2016-Egueire

Colleulle gusto Mazaricos a viaxar a África cada ano. Por segundo ano consecutivo, o recinto feiral da Picota acollerá o vindeir 2 de xullo a VIII Festa African, que organiza a ONG Egueire.

A festa comezará ás 12:30h, cun rastro de artesanía africana, exposición de máscaras e esculturas. Ás 13:30h comeza a pasar a comida, e cos postres chegará a música.

Este as actuacións, que nos trasladarán á África máis auténtica, cómpre destacar a do Grupo Saint Luc Banabakintú. Un total de 28 miembros do grupo (músicos, bailarines e membros do coro), achegarannos a cultura africana. O Grupo Saint Luc creouse no ano 1974, en Abidjan, a capital de Costa de Marfil. Actualmente o grupo está formado por un total de 64 membros, de edades comprendidas entre os 20 e os 77 años. Cun total de 6 discos no mercado, contan cunha larga traxectoria promocionando as diversas culturas de Costa de Marfil.

Como participar

Tedes toda a información na web da ONG Egueire.

Fonte

Comentarios