Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mazaricos vs Corme, a liga en xogo

Mazaricos vs Corme, a liga en xogo
Non queda nada, só 7 partidos, 7 finais para case todos os equipos, e a Liga da Costa rematará, con equipos celebrando ascensos e permanencias e outros lamentando descensos. Na loita polo título, nas próximas semanas pódese decidir gran parte do desenlace final. O domingo xogarase o Mazaricos - Corme, e en 10 días o Esteirana - Mazaricos. O actual líder pode sair co título case no peto ou coa competición totalmente aberta a outros aspirantes. É o partido do domingo no Pino do Val deses que se catalogan de decisivos, sen dúbida. As esperanzas de título dos cormeláns pasan por reducir eses 8 puntos que os separan dos amarelos, e que mellor cita para facelo que o partido entre ambos equipos. Ó acecho, a Esteirana e o Baíñas, ós que unha derrota do Mazaricos e unha vitoria propia os poñería en condicións de asaltar o liderato. Só 2 derrotas ten o conxunto de Amoedo, e unha delas foi na primeira volta en Corme. Xa saben os azuis o que teñen que facer para vencer ó líder, e tentarán aplicalo o domingo a partir das 16.30 horas. Enfróntanse unha das mellores defensas da liga, a do Mazaricos, con so 24 goles encaixados, cun dos demoledores ataques tradicionalmente, aínda que este ano o non poder contar con Alejo está a disminuir os rexistros goleadores do Corme. Así e todo, é o 3º equipo máis goleador só detras do Baíñas e da Esteirana. O dato do Mazaricos ten dous nomes propios, a presencia do adestrador Amoedo no centro da defensa e a do porteiro Toni baixo paos. No bando cormelán só hai que mencionar a lista de dianteiros para entendelo: os Alejo, Lucas, e Toniño únese o xuvenil Samu Costa, proxecto de gran xogador costeiro. O dianteiro do Corme Alejo comenta sobre o Mazaricos que ... son un equipo moi forte en todas as súas liñas, é o 2º equipo menos goleado e van líderes cunha xusta vantaxe... O atacante pensa que para ganar no Pino do Val ... temos que xogar como fixemos ata o de agora, como sempre o facemos. É o campo máis complicado de puntuar pero intentaremos facer un bo partido e poñerlle as cousas difíciles ó Mazaricos... Pola súa parte, o adestrador - xogador local Roberto Amoedo dinos que ... o Corme sen dúbida é un dos mellores equipos da liga, con grandes xogadores moi desequilibrantes, un bo trato de balón, gran xogo combinativo e un bloque moi compacto difícil de batir... ... Para vencer temos que ter ilusión, intensidade, xogo en equipo e ganas de loitar por seguir arriba, sabendo sempre a dificultade do encontro... Dende logo estamos seguros que vai a ser un choque que non deixará indiferente a ningúen.  

Comentarios