Martes. 23.04.2024
El tiempo

Mazaricos xa ten data para unha nova Semana Gandeira

Mazaricos xa ten data para unha nova Semana Gandeira
Semana Gandeira Mazaricos 2016

É, sen dúbida, unha das semanas máis importantes do ano en Mazaricos. Non pode ser doutro xeito nun concello que depende ao 90% do sector gandeiro. Do 14 ao 20 de novembro, a Casa da Cultura da Picota acollerá a Semana Gandeira MZ 2016, unha completa semana de actividades relacionadas coa vaca.

Os organizadores, o Concello, a Asociación de Gandeiros e AFRICOR, esperan convertir Mazaricos no centro do sector gandeiro galego, sendo a poxa de Xovencas do domingo 20 unha das citas máis singulares.

Pero hai moito máis. Dende o luns 14 e durante a semana, haberá actividades para escolares, visitas a explotacións gandeiras, un concurso fotográfico e un concurso de sobremesas lácteas.

Xa o sábado 19 toca unhas interesantísimas charlas técnicas sobre o sector lácteo. Pola tarde, farase entrega do premio do certame de fotografía; un obradoiro de manualidades, un show cooking coa MasterChef ceense Ana Oca, e como non, o concurso de muxido coa sufrida Mazarica, que nunca falta nestas citas.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios