Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Medio millar de nenos xa teñen superada a asignatura de Mar e Vela

Disfrutando do Mar a Vela
Disfrutando do Mar a Vela
Medio millar de nenos xa teñen superada a asignatura de Mar e Vela

Chega ao seu remate esta nova edición do programa "O mar na Escola. Xogando co Vento", un proxecto único en Galicia. Esa proposta que consegue sacar aos nenos das aulas e botalos ao mar; que consegue sacar ao alumnado en horario lectivo a facer deporte, facendo que “Coñecemento do medio” se realice de xeito práctico real.

Un proxecto que medra cada ano, sendo esta promoción xa de 500 nenos e nenas de toda a comarca. Estes días, de feito, despois de varios meses de saídas ao mar a vela ou en kaiaks, e de sesións teóricas, xa se están desenvolvendo as entregas de diplomas aos pequenos grumetes.

Os resultados ano tras ano son palpablemente positivos xa que os grupos son más numerosos. Ademais os escolares esperan ansiosos chegar ao curso en que lles toque participar no programa "O Mar Na Escola Xogando co Vento", ir cos compañeros de clase e volver sendo unha tripulación cun sinfín de vivencias e de aventuras compartidas.

Entrega de Diplomas do proxectos O Mar a Vela 2019Este 2019 xa foron 494 os rapaces e rapazas que participados, chegados de 8 concellos (Camariñas, Cee, Dumbria, Finisterre, Corcubión, Muxía, Laxe e Carnota) e 18 Centros escolares (CEIP O Areal, CEIP Ponte do Porto, IES Pedra de Aguia, Colexio Manuela Rial, CEIP Eugenio López, CEIP Santa Eulalia, CEIP Mar de Fóra, CEIP Areouta, Colexio Nosa Señora do Carmen, CEIP Praia de Quenxe, CEIP Virxe da Barca, CEIP Os Muíños, IES Ramón Caamaño, CEIP Vilarmide, CPI Cabo da Area, CEIP do Pindo, CEIP de Carnota).

Quedan pendentes, pois as saídas se desenvolverán durante o mes de xuño, a rapazada do CEIP do Pindo e o CEIP de Carnota. Este é o primeiro ano de actividade deste Concello no que participarán 33 nen@s.
Tamén no mes de xuño realízase a actividade no Concello de Muxia nas instalacións do Porto Deportivo, asistindo os 4 centros educativos do Concello uns 143 niñvos/as; CEIP Virxe da Barca, CEIP Vos Muíños, IES Ramon Caamaño e CEIP Vilarmide.

Dende a promotora, a Escola de Vela Cataventos, agradecen a colaboración dos centros de ensino, da Secretaria Xeral para O Deporte a través do Plan Xogade; Federación Galega de Vela; aos C.N. Camariñas, C. M. Carrumeiro, C.N. Fisterra, e ao patrocinador Stolt Sea Farm.

Novas relacionadas

Comentarios