Venres. 19.04.2024
El tiempo

Medio pasiño atrás

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, reunirase por videoconferencia co comité de expertos sanitarios.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, reunirase por videoconferencia co comité de expertos sanitarios.
Medio pasiño atrás

Cando xa nos atopabamos relativamente familiarizados con esta "nova normalidade", os datos epidemiolóxicos de varias comarcas do país colocan ás restricións en materia de seguridade en niveis de hai semanas ou mesmo meses (a falta do DOG a Xunta enviou esta nota de prensa).

Xa tiñamos posto de manifesto que as medidas estaban suxeitas á evolución da pandemia, mais non deixa de ser, en certo modo, triste termos que barallar novas cifras e novas limitacións.

Un toque de atención para non baixar a garda ante a pandemia, e seguir sendo plenamente responsábeis, achegando todo o que nos sexa posíbel para atallar novos gromos.  Imos a elas.  

Aplícanse estas novas restricións a toda a Costa da Morte? 

Non. 

Neste post referímonos ás limitacións que a Xunta de Galicia vén de colocar en Santa Comba, Laracha e Carballo.  Hoxe quedamos en Bergantiños e no Xallas.   

Cando entran en vigor? 

As medidas que detallaremos deseguido, terán forza a partires das 00:00h do xoves 3 de setembro de 2020 e manteranse, en principio e sempre en función das cifras epidemiolóxicas, durante unha semana.   

Que medidas se colocarán nestas zonas? 

En principio non son moitas. Trátase de medidas que buscan conter a aparición de eventuais gromos co que o seu impacto inicial parece leve.  

Estas son: 

  • Peche dos centros de día, e cancelación das visitas en residencias
  • 50% da capacidade en establecementos comerciais, locais de hostalaría e ocio, que deberá pechar, como moi tarde, ás 01:00h da madrugada.
  • Limitación, en xuntanzas, a 10 persoas, cando estas sexan non convivintes
  • Volvemos á prohibición do consumo en barra nos locais de hostalaría
  • Redución da capacidade en cerimonias relixiosas, vodas, bibliotecas, autoescolas e centros privados de ensino, entre outros 

(Nota: algunhas destas restricións de capacidade non entrarán en vigor até o luns vindeiro)

 

Novas dos últimos gromos

Artigos explicativos de Miguel Vieito Villar

Comentarios