Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica

Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica
Fabrica de Ferroatlantica en Cee Unha fábrica de Ferroatlántica O pleno da Deputación da Coruña, celebrado onte, aprobou onte as declaracións institucionais sobre o mantemento da actividade produtiva e dos postos de traballo da factoría de Ferroatlántica en Cee que xa esixiran previamente o BNG e o PP. Neste sentido a Deputación da Coruña insta á Xunta de Galicia a adoptar as medidas legalmente adecuadas para evitar a segregación das actividades de produción de enerxía eléctrica e ferroaleacións por parte de Ferroatlántica, sen que estas afecten os fluxos de enerxía eléctrica que deberán respectar as exixencias regulamentariamente establecidas para a adecuada operación do sistema eléctrico. Ademais, por unanimidade, acordaron exixir a Ferroatlántica o mantemento da actividade produtiva e dos postos de traballo na factoría de Cee. Por outra parte, nas declaracións institucionais do pleno da Deputación recóllese solicitar que os postos de traballo que se derivan da xestión, administración, contabilidade e explotación da división de Enerxía, recaian no centro de traballo de Cee-Dumbría-Centrales Hidroeléctricas, "como así foi desde sempre, na historia de Carburos Metálicos", indican os membros do organismo provincial.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios