Venres. 29.03.2024
El tiempo

Meritorias vitorias dos cadetes e infantís do Volei costeiro

Meritorias vitorias dos cadetes e infantís do Volei costeiro

Vanse amoldando ás novas categorías os cadros costeiros. Así o demostrou o equipo infantil, que se enfrontaba co equipo, a priori, máis forte da Liga Galega, o Emeve de Lugo, e acadou unha meritoria, aínda que moi disputada vitoria en terras lucenses. Empezaron moi ben os infantís do Manuela Rial gañando os dous primeiros sets, pero espertaron os lucenses gañando os dous segintes e no derradeiro set demostraron moita seguridade e superon fallar menos co Emeve. 2-3 (17-25 / 21-25 / 25-21 / 25-22 / 8-15). Con este resultado o equipo é lider da súa clasificación.

Máis facil foi a vitoria dos cadetes do Volei Dumbría que se impuseron con claridade a Emeve por un 0-3 (17-25 / 19-25 / 19-25). Este equipo notou a recuperación de xogadores que faltaron na primeira xornada.

As infantís do Manuela Rial perderon ante un equipo moi superior coma Emeve por 3-0 (25-12 / 25-14 / 25-11). Pese a mellorar no seu xogo respecto a primeira xornada, tamén lle aconteceu o mesmo ó equipo cadete femenino do Volei Dumbría, que caía ante as lucenses por 3-0 (25-20 / 25-8 / 25-13).

Ademais, hai que destacar a dura derrota dos xuvenís do Volei Dumbría nun mal partido dos dumbrieses ante Emeve por 3-0. Estiveron sempre metidos na disputa do encontro pero faltoulles acerto en moitas fases do encontro.

Vindeira xornada

A vindeira xornada xogan en Dumbría o sabado 20 nos seguintes horarios:

10:30h:
- Infantil femenino Manuela Rial- Calasancias;
- Cadete masculino Volei Dumbría- Calasancias.

12:00h:
- Cadete femenino Volei Dumbría- Calasancias;
- Infantil masculino Manuela Rial- Calasancias.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios