Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Mes da Fundación: A Fundación Fernando Blanco, o centro da actividade cultural da comarca

O Mes da Fundacion
O Mes da Fundación: A Fundación Fernando Blanco, o centro da actividade cultural da comarca

Xa é o 7º ano do Programa Educativo-Cultural “O mes da Fundación”. A Fundación Fernando Blanco de Lema retrasou este ano ata novembro o pioneiro programa, pois soe ser outubro (en outubro de 1796 naceu Fernando Blanco de Lema, e en outubro de 1886 inaugurouse o antigo Instituto da Fundación Fernando Blanco de Lema), o mes fetiche para a entidade.

En todo caso, o importante é que tanto escolares como a veciñanza en xeral poderán disfrutar dun programa con figuras de primeiro nivel nos seus respectivos campos de traballo: Cándido Pazó, Quico Cadaval, Celso F. Sanmartín, Xavier Díaz, Davide Salvado, Anxo Pintos, Fernando Fraga, Marcelo Dobode, Pablo Carpintero, Xosé Neira Vilas, Jorge Mira, Miguel SanClaudio, Ángel Carracedo, Francisco Blanco, Carlos Spuch, Concha Blanco, María Canosa, Suso Bahamonde, etc, etc)

Asi, tanto en sesións matutinas nos centros de ensino, como en sesións de tarde-noite na Casa da Cultura, a comarca centra o ollo na vila ceense. Todos os actos, son de balde.

Programa do Mes da Fundación

Programa do Mes da Fundacion Fernando Blanco 2019

A fundación sobrevive e é capaz de artellar todas estas iniciativas gracias, ademais do labor incansable do seu secretario Darío Areas, ao Concello de Cee, á Deputación da Coruña, e aos seguintes establecementos, empresas e entidades (Estación de Servizo Bazarra, Upi Cee, Administración de Lotaría Costa da Morte, CeeColor, Seguros Costa da Morte, Instalacións e Servizos Galfcar, Policlínica Dental Insua e Blanco, Fuco Corbelle, OE+ Centros Auditivos e Parroquia de Santa María da Xunqueira).

Comentarios