Mércores. 24.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

O Mes da Fundación: Ofrenda e conferencia de Fernando Patricio Cortizo

09/nov./2019
19:00 h
Casa da Cultura
Fernando Patricio Cortizo en Cee
O Mes da Fundación: Ofrenda e conferencia de Fernando Patricio Cortizo

Xa é o 7º ano do Programa Educativo-Cultural “O mes da Fundación”. A Fundación Fernando Blanco de Lema retrasou este ano ata novembro o pioneiro programa, pois soe ser outubro (en outubro de 1796 naceu Fernando Blanco de Lema, e en outubro de 1886 inaugurouse o antigo Instituto da Fundación Fernando Blanco de Lema), o mes fetiche para a entidade.

En todo caso, o importante é que tanto escolares como a veciñanza en xeral poderán disfrutar dun programa con figuras de primeiro nivel nos seus respectivos campos de traballo: Cándido Pazó, Quico Cadaval, Celso F. Sanmartín, Xavier Díaz, Davide Salvado, Anxo Pintos, Fernando Fraga, Marcelo Dobode, Pablo Carpintero, Xosé Neira Vilas, Jorge Mira, Miguel SanClaudio, Ángel Carracedo, Francisco Blanco, Carlos Spuch, Concha Blanco, María Canosa, Suso Bahamonde, etc, etc)

Asi, tanto en sesións matutinas nos centros de ensino, como en sesións de tarde-noite na Casa da Cultura, a comarca centra o ollo na vila ceense. Todos os actos, son de balde.

Programa do Mes da Fundación

A fundación sobrevive e é capaz de artellar todas estas iniciativas gracias, ademais do labor incansable do seu secretario Darío Areas, ao Concello de Cee, á Deputación da Coruña, e aos seguintes establecementos, empresas e entidades (Estación de Servizo Bazarra, Upi Cee, Administración de Lotaría Costa da Morte, CeeColor, Seguros Costa da Morte, Instalacións e Servizos Galfcar, Policlínica Dental Insua e Blanco, Fuco Corbelle, OE+ Centros Auditivos e Parroquia de Santa María da Xunqueira).

Programa do Mes da Fundacion Fernando Blanco 2019

SÁBADO 9 NOVEMBRO (19 horas. Capela do I.E.S. Fernando Blanco)
OFRENDA FLORAL e MISA na honra de D. FERNANDO BLANCO DE LEMA e de tódolos/as mestres/as, alumnos/as e persoal do centro, coa participación de MADRIGALIA G&M.

SÁBADO 9 NOVEMBRO (20:30 horas. Auditorio Casa da Cultura de Cee):
“O PATRIMONIO INMATERIAL NA HISTORIA DOS NAUFRAXIOS DA COSTA DA MORTE”. CONFERENCIA impartida por FERNANDO PATRICIO CORTIZO (Historiador naval e Presidente da A. C. Naufraxios Galegos).

SÁBADO 16 NOVEMBRO (20:30 horas. Auditorio Casa da Cultura de Cee):
“CONTAR”. SESIÓN DE CONTOS a cargo de CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN. Narrador de contos e historias de tradición oral.

SÁBADO 23 NOVEMBRO (20:30 horas. Auditorio Casa da Cultura de Cee):
“VIAXE POR NOUTRURES. TÉCNICA E RECURSOS PARA DIFERENTES REPERTORIOS DE GAITA”. CONCERTO COMENTADO de EDELMIRO FERNÁNDEZ PARADA. Un dos máis reputados gaiteiros de Galicia. Ganador dos Trofeos MaCallan e MacCrimmon do Festival Intercéltico de Lorient no 1995, 1996, 1998, 2001 e 2007.

SÁBADO 30 NOVEMBRO (20:30 horas. Auditorio Casa da Cultura de Cee);
“CIENCIA, AVENTURAS E SORPRESAS DUNHA VIAXE ARREDOR DO MUNDO”. CONFERENCIA-PROXECCIÓN de XURXO MARIÑO ALFONSO (Profesor no departamento de Medicina da UDC. Especialista en Neurofisioloxía. Investigador e divulgador científico).

PROGRAMA ACTOS PARA OS CENTROS ESCOLARES DE CEE  MÉRCORES 6 NOVEMBRO (11 horas. Casa da Cultura de Cee) “PAKOLAS EN CONCERTO”. PACO CERDEIRA “PAKOLAS”. Cancións para rockear, para soñar e, sobre todo, para aprender. Alumnado de 1o e 2o de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial, C.E.I.P. A Igrexa de Brens, E.E.I. Pereiriña e usuarios/as de ASPADEX.  XOVES 14 NOVEMBRO (11 horas. Casa da Cultura de Cee) “A VERDADEIRA HISTORIA DE HAMELÍN”. MOC MOC ESPECTÁCULOS E ANIMACIÓN. David Merelas “MeRe Clown” presenta esta adaptación circense do clásico conto “O flautista de Hamelín”. Clown, malabares e moitas risas. Alumnado de 3o e 4o de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial e usuarios/as de ASPADEX.  MÉRCORES 20 NOVEMBRO (11:30 horas. I.E.S. Fernando Blanco) “ISTO NON O VERÁS NOS MEDIOS. CONSELLOS PARA INFORMARSE ENTRE O RUÍDO”. CONFERENCIA de MANUEL REY PAN (Xornalista e redactor no portal de información científica GCiencia). Alumnado de Bacharelato. do I.E.S. Agra de Raíces e I.E.S. Fernando Blanco..  MARTES 26 NOVEMBRO (11 horas. Casa da Cultura Cee) “CINEMA DE HISTORIAS DA MAN DE ALICE GUY”. RAQUEL QUEIZÁS. Alice Guy, a nai do cinema, guiará este espectáculo que mestura narración, teatro e cinema. Alumnado de 5o e 6o de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial e usuarios de ASPADEX e usuarios/as de ASPADEX.  XOVES 28 NOVEMBRO (11:30 horas. I.E.S. Fernando Blanco) “CON SUMO COIDADO”. Conferencia de MIRIAM ROMERO TRABA (Educadora social especializada en prevención de condutas aditivas. Asociación Antidroga Vieiro). Alumnado da E.S.O do I.E.S. Agra de Raíces, do I.E.S. Fernando Blanco e C.P.R. Manuel Rial.
Comentarios