Venres. 19.04.2024
El tiempo

O mes de febreiro en Bos Aires

O mes de febreiro en Bos Aires

Doña Macrigaita recorda os bailes de carnaval de fai máis de 60 anos nas asociacións galegas. Os pais levaban ás súas fillas para buscar un noivo que fose laburador. Os salóns enchíanse de alegría. A evocación da súa mocidade faille tararear os vellos éxitos de Alberto Castelo ao que aplaudiu en varios canyengues. No patio co seu cachimbo de mate na man, cebado con yerba “Abuelita” que lle trouxo o neto de Montevideo, escóitalla cantar bajito: “Nos carnavales eu coñecina... bailando candombe díxome que si”. Está pensando en que en asuntos carnavaleiros fomos para atrás, polo menos na capital, xa que en Correntes ou en Gualeguaychú seguen organizando uns bos desfiles. Non coincide co seu admirado presidente Macri en non prestar apoio aos festejos callejeros. Non hai mellor xeito de facerche esquecer que o dólar anda polos 40 pesos que encher as rúas de comparsas subvencionadas que canten eloxios ao campión do choreo-neoliberal no Río da Prata.

Doña Macrigaita está preocupada e decepcionada co proceder do seu amigo Moyanito no Centro Galego. O luns ás seis da tarde achegouse á esquina de Belgrano e Pasco para asistir á Asemblea Extraordinaria que marcará o futuro da mutualista. É socia desde moza e non quere quedarse sen atención médica malia que anda bastante ben de saúde. Como non había luz, algo que Macri debería arranxar porque as tarifas subiron moito, aproveitou para saír con tempo para ir camiñando pola avenida Belgrano, sen apuro, as 20 cuadras que hai desde a súa casa. O lugar de celebración previsto (Teatro Castelao) estaba pechado. Achégase ao vixiante para preguntar e dille que está suspendida. Non llo pode crer. Ninguén lle avisou da suspensión que en caso de producirse debe ser comunicada con anterioridad, polo menos unhas 48 horas antes. Unha rapariga que lle soa a cara pero non se acorda do nome coméntalle que lle acaban de dicir que saíu publicado no Boletín Oficial.

Doña Macrigaita observa que pola porta de Garda do hospital entran unha media ducia de persoas. Achégase a preguntarlles e dinlle que dentro está Mojarrita que é o candidato trucho ao que votaron. Afirman que é a persoa máis informada xa que está en contacto directo co interventor polos seus labores de felpudo. Enseguida o recoñece pola súa vestimenta de pescador sen cana nin anzó. Achégase para poder falarlle e faio ben pegadiña á orella dereita. Non quere armar quilombo. A continuación reprodúcese, en exclusiva, a grabación completa do expresado:

Parece mentira, che, esquecícheste de chamarme para dicirme que se suspende a Asemblea. O número o tes porque me chamaches para pedirme o voto nas eleccións. Lembras que me convenciches ao presentarte como o elixido do meu amigo Moyanito para disciplinar aos vagos que cobran sen laburar. Gustoume cando dixeches que sendo unha Mojarrita ías ter máis liberdade de acción para sacar ao Centro Galego do pozo. Si foses un tiburón terías unha cantidade de inimigos que che perseguirían. Confiei en ti pero errei feo, enganáchesme ben de ben. No canto de empuxar para sacar o barco flote, borrácheste ao primeiro contratempo que foi cando os coimeros de "Ribeira Saúde" desistiron de formalizar un acordo de xestión. Asegúroche que se che acabou a tanza. Non che creo máis e renego do voto que che dei. Aos meus 80 anos pódome permitir mandarche á mismísima quinta das albahacas. Andá! Sae de aí! Estasme tapando o sol que animou aos meus esforzados devanceiros galaicos. 

Comentarios