Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Miguel Vázquez Freire converte as súas píldoras filosóficas nun novo programa de radio

Gravando O Moucho Voa en radiONeria
Miguel Vázquez Freire e compañía gravando "o Moucho voa" na radiONeria
Miguel Vázquez Freire converte as súas píldoras filosóficas nun novo programa de radio
Xa o puidemos escoitar no marco do Festival Artenauta. E por sorte, aquela semente botada na emisora municipal de Corcubión agroma e se convirte nun novo programa das radios irmandadas da Costa da Morte, radiONeria e Radio Roncudo.

Falamos do mestre Miguel Vázquez Freire, que afianza a súa proposta das píldoras filosóficas no programa “O moucho voa” cada semana dende este mércores 7 de outubro, ás 20:30h.

“O moucho voa” será un programa de 10-15 minutos, e contará con voces singulares da comarca, que lle axudarán a poñer en escea situacións nas que a filosofía nos axuda a repensar. Ademais, terá na parte técnica, o apoio de Óscar Rey Calo e Iván Pereira, dous dos colaboradores que manteñen viva a emisora municipal de Corcubión.

Como escoitar as radios da Costa

Podedes escoitar a radio a través das emisoras radiONeria (107,8FM nas terras de Fisterra), e Radio Roncudo (106.1FM nas terras de Bergantiños), ou pola rede na plataforma Tunein e nas webs de ambas emisoras:

Ademais, tamén tendes os podcast ao Ivoox de Radio Roncudo), e podedes estar atentos ás redes sociais de ambas emisoras (Facebook da radiONeria e Facebook de Radio Roncudo.

Novas relacionadas

Comentarios