Venres. 29.03.2024
El tiempo

Militantes socialistas de Ponteceso critican o incumprimento o procedemento na elaboración da lista

Lois Carballido é alcalde e candidato do PSdG de Ponteceso
Militantes socialistas de Ponteceso critican o incumprimento o procedemento na elaboración da lista

Arrinca movida a campaña en Ponteceso. E faino no seo do Partido Socialista, que a pesar de estar no goberno, ten constantes polémicas a nivel interno.

Desta volta, un grupo de militantes socialistas de Ponteceso denuncia que a mesa da Asemblea Xeral inclumpriu o procedemento de elaboración de candidaturas establecido polo Comité Federal.

A Comisión Executiva Municipal presentara, en tempo, unha proposta para a elaboración da lista, na que iría o alcalde, Lois Carballido, como candidato, da que formarían parte os/as actuais concelleiros/as actuais, o resto das persoas que conformaron a candidatura do ano 2015 e que aceptasen a súa inclusión de novo, e incorporando a algunhas das persoas da candidatura presentada por el mesmo.

Pero chegados á Asemblea, o presidente da mesa (designado polo alcalde) non aceptou a proposta da Comisión, nin sequera para debatela, “con procedementos antidemocráticos”, deixando votar unicamente a lista presentada por Carballido.

A militancia tamén fixou sorprendida cando na Asemblea se deu conta do censo de persoas con dereito a voto, formado por un total de 43 persoas, fronte ás 17 que figuraban no censo anterior.

Comentarios