Imprimir

O minilabregos carballeses pecharon o círculo do agro vendendo os seus produtos na Pequefeira

que pasa na costa | 01 de xuño de 2019

Fermoso remate ao proxecto dos Horto Infantil Ecolóxico Municipal nos centros escolares (en verán si haberá obradoiros). A Pequefeira pecha o círculo do labrego, que comeza coa sementeira, continúa durante todo o curso co mantemento, e remata coa colleita, e a venda.

Os pequelabregos protagonizaron un fermoso albaroque, no que ademais de sacar o seu espírito máis emprendedor tiveron que tirar de enxeño para solventar a escasa colleita. Pero non houbo problema porque cambiaron leitugas e remolachas por algo de artesanía e flores.

Dende as 11:00h, todas as familias ateigaron a praza e mercáronlle aos seus peques negociantes ducias de produtos.

Agora tócalles aos nenos e nenas decidir que fan cos ingresos obtidos: ou ben dedicalos a mellorar as instalacións dos hortos nos seus coles ou ben destinalos a unha causa social.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carballo/minilabregos-carballeses-pecharon-circulo-do-agro-vendendo-seus-produtos-pequefeira/20190601084906110212.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA