Imprimir

Modificadas as zonas de estacionamento no CEIP Fogar durante as obras

que pasa na costa | 10 de setembro de 2019

Modificadas as zonas de estacionamento no CEIP Fogar durante as obras

Comeza o cole este mércores 11 de setembro. E no CEIP Fogar as completas obras de reforma integral que está a acometer a Consellería de Educación obrigan a modificar certas cousas. Por exemplo, as portas de entrada, que estes meses serán as da avenida de Bergantiños.

O tema do aparcamento, tras unha xuntanza coa Policía Local e o centro, decidiron reservar un espazo para os autobuses na rúa Vila de Ordes, na zona dos aparcamentos en batería, nas horas de entrada e saída do colexio. O resto do día seguirá sendo, como ata agora, de uso libre. Mentres, os turismos poderán aparcar libremente na rúa Vila de Noia.

Pedíbús

Ademais de invitar a deixar os coches nos aparcamentos gratuítos que hai arredor do centro, invitan ás familias a que os nenos e nenas que o desexen se unan ao Pedibús, con dúas rutas que saen ás 09.10 horas dende a rúa do Muíño e fronte ao Mercado Municipal.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carballo/modificadas-zonas-estacionamento-ceip-fogar-obras/20190910155903112866.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA