Venres. 29.03.2024
El tiempo

Modifican o itinerario do Camiño dos Faros de Santa Mariña ao Cemiterio dos Ingleses para protexer a duna Monte Branco

Novo Itinerario do Camino dos Faros para evitar a duna Monte Branco
Novo Itinerario do Camiño dos Faros para evitar a duna Monte Branco
Modifican o itinerario do Camiño dos Faros de Santa Mariña ao Cemiterio dos Ingleses para protexer a duna Monte Branco

Para moitos son “os mellores 4 quilómetros de sendeirismo existente en Galicia”. E o son por cousas como a duna Monte Branco, un dos tesouros naturais da nosa comarca.

Aínda que xa pasaron as datas de recibir un milleiro de trans@s, para protexela o Concello vén de decidir a modificación do itinerario do Camiño dos Faros, de Santa Mariña ao Cemiterio dos Ingleses. Foi a propia Asociación O Camiño dos Faro a que se puxo en contacto para que se aproveitan os traballos de limpeza e desbroce das etapas camariñás do Camiño para cambiar a ruta.

No novo itinerario, no canto de subir polo Penal de Veo, habilitarase un camiño polo litoral que o bordea, evitando así o paso polo sistema dunar. Así mesmo instalaranse uns paneis que recordarán aos sendeiristas que non se poden desviar do camiño sinalizado.

Novas relacionadas

Comentarios