Venres. 29.03.2024
El tiempo

Mofa e Befa, Quico Cadaval e Carlos Blanco, cuarteto de ases en Malpica

Mofa e Befa, Quico Cadaval e Carlos Blanco, cuarteto de ases en Malpica

Non descansan os compañeiros da A.C. Tralla de Malpica. De seguro que xa están co Nordestazo 2012 na cabeza, pero polo de pronto xa teñen artelladas dúas actividades. A primeira será unha cea baile no Restaurante Canta la Rana de Buño, para o 4 de febreiro. Pero teñen outra algo máis ambiciosa...

Trátase dunha noite de monólogos na Discoteca Costa da Morte, á que acodiráns os grandes mestres do país. Estarán Mofa e Befa, Quico Cadaval e Carlos Blanco... Aí é nada.

A cita será o vindeiro sábado 3 de marzo, e as entradas custan 6€ (anticipada) e 9€ na taquilla. Parece unha cita como para non perdela.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios