Imprimir

Moita música para a festa da Carballeira de Baio

que pasa na costa | 20 de xuño de 2017

Os baieses e baiesas xa están preparados para unha das romarías máis esperadas do ano; a Festa da Carballeira que tanto dou que falar na vila ao longo dos últimos meses antes de que o concello de Zas comprase o terreo. Este ano, da organización da festa encárgase o concello de Zas despois de que a asociación cultural Adro lle comunicara aos socios que non organizaba a festa por falta de tempo cando propietarias e administración se atopaban en plena fase de negociación. Como vén sendo habitual, a festa comeza coa actuación do grupo de gaitas da asociación cultural Adro de Baio e continúa cunha sesión vermú a cargo do dúo D`Festa. E mentras os centos de romeiros e romeiras desfrutan da sobremesa volven a amenizar a tarde os gaiteiros de Adro, a charanga Os Celtas e outra que está por confirmar. A partir das 21 horas, a música correrá a cargo de novo do dúo D´Festa que compartirá escenario co trío Élite. Co fin de preservar a carballeira como a súa contorna, así como para que todos e todas desfruten da festa, os organizadores non permitirán instalar equipos musicais, instalar carpas pechadas nin facer lume no chan.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

   
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/zas/moita-musica-para-a-festa-da-carballeira-de-baio/20170620061017084794.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia