Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Moitas expectativas e poucas vitorias para a fin de semana do tenis de mesa costeiro

Moitas expectativas e poucas vitorias para a fin de semana do tenis de mesa costeiro

VTM Pinturas Figueiras - TM A Estrada Pazo de Xerlis O VTM Pinturas Figueiras foi un dos equipos que sumou vitoria esta xornada O equipo de tenis de mesa do Concello Mazaricos coa nova equipacion O equipo de tenis de mesa do Concello Mazaricos estreou nova equipación

Só o AD Zas Dimobel Bazar Baio e o VTM Pinturas Figueiras conseguiron gañar os seus encontros durante esta pasada fin de semana para o tenis de mesa costeiro. O AD Zas Dimobel Bazar Baio faciao por partida dobre pois aparte de gañar o que correspondía á xornada tamén o fixo no choque que se adiantou do 1 de decembro, os dous encontros contra os dous equipos do clube Finisterre de A Coruña. Con estes resultados continúa ao frente da clasificación do grupo da 1ª División Galega, se ben aínda non se lle contabiilizarán os do encontro adiantado ata que se celebre a xornada correspondente.

Ademais, na mesma categoría o VTM Pinturas Figueiras segue co súa boa marcha e así continúa na parte alta da clasificación.

O resto dos equipos do AD Zas sairon derrotados nos seua encontros. O AD Zas Ponciano Nieto, e o AD Zas Construcciones Cernadas esperaban gañar os seus encontros a pesar de saber que serían difíciles. O AD Zas O Pinar tampouco foi capaz de estrear o seu taboleiro cunha vitoria.

2ª División Nacional

  • Resultado: AD ZAS PONCIANO NIETO – Galmédica Ourense (2-4).

AD Zas Ponciano Nieto - Galmédica Ourense copia AD Zas Ponciano Nieto - Galmédica Ourense

Tiñan moitas esperanzas de acadar a vitoria os zaseiros ante o equipo ourensán e ao que se lle coñecen ben os seus xogadores. Pero non foi así e os zaseiros Edu Quintela, Brais Blanco e Gonchu perderon unha boa oportunidade de saír dos postos de descenso coa súa segunda victoria O pouco entrenamento de Brais fai que a súa melloria sexa lenta e o case nulo entrenamento de Edu e Gonchu ao final traen estes resultados non esperados.
Agora veñen dous compromisos seguidos contra rivais que están tamén nos postos de descenso e onde se verá a verdadeira realidade do equipo.

3ª División Nacional

O equipo de tenis de mesa do Concello Mazaricos coa nova equipacion O equipo de tenis de mesa do Concello Mazaricos estreou nova equipación

Visitaba Mazaricos o líder e os novos xogadores mazaricáns (José A. Lado, Javi Rodríguez e Alex Blanco) apenas fixeron frente e comprobaron que aínda queda moito camiño para chegar arriba. Con todo deron mostras de moita melloría e estes partidos de nivel farán que aumente o seu. Non quixo participar Miguel Rey no encontro pois sabía que o único que conseguirií sería alargalo sen resultado positivo e privarlle a un dos novos do club da oportunidade de enfrentarse a toda un lenda deste deporte como o é Quico González que leva mais de 50 anos xogando ininterrumpidamente en ligas de nivel nacional e varias veces campion de España.

1ª División Galega

  • Resultado: Oroso Tm Hotel Santa Cruz - AD Zas Construcciones Cernadas (4-1).

Tiñan moitas esperanzas de acadar a vitoria neste encontro o AD Zas Construcciones Cernadas pero erros puntuais dos Luís Azevedo, Stevo e Miriam Domínguez en puntos decisivos dou ao final unha derrota contundente. Stevo e Miriam deberon ter gañado (Miriam tivo ata tres bolas de partido), pero ao final notaron moito a falta de competición de Stevo, que cando quixo entrar en xogo xa era tarde e ademais fallando bolas fáciles. O mesmo lle pasou a contonuaciópn a MIriam e no último encontro a Luis. Unha derrota que non cambia en absoluto os plans do equipo pois segue na zona alta e esperan que continúe nela cando volva recuperado da súa lesión Raúl, ao que se lle votou en falla en Oroso.

2ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio – Finisterre Deseñarte (4-2)
  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - Finisterre Sphera (4-3)
  • Resultado: AD Zas O Pinar – Finisterre Deseñarte (1-4)
  • Resultado: AD Zas O Pinar - Finisterre Sphera (0-4)
  • Resultado: TM A Estrada Pazo de Xerlís - VTM Pinturas Figueiras (2-4)

Partidos interminables foron os que sedisputaron o sábado pola tarde en Zas, mais ben a noite pois remataron as 22'30h, o que dá idea do disputado que foi cada partido e cada punto e a guerra silenciosa de nervios entra cada un deles. moitos dos partidos foron polo axustado 3-2 e puntos moi longos. Moi ben todos os xogadores do AD Zas Dimobel Bazar Baio (Castro, José Antonio, Víctor Méndez e Matteo Yang). Dúas vitorias que lles permiten seguir no alto da táboa e coller máis ilusión para seguir adestrando.

Mellorar tamén o teñen que facer os de AD Zas O Pinar se queren acadar algunha vitoria Si a conseguíu o VTM Pinturas Figueiras en A Estrada contra un equipo novo pero con xogadores xa coñecidos doutros clubes. Neste caso fixo falla a participación de Paco Paz para garantizar o triunfo no que tamén participaron e gañaron partidos Nico Paz, Julio Figueiras e Brais Touriñán.

Próxima xornada

Sábado 17 de novembro
- 2ª División nacional masculina: Vilagarcía TM - AD Zas Ponciano Nieto, as 17'00 h. no CEIP Arealonga de Vilagarcía.
- 2ª División nacional femenina: A partir das 15'30 h. nas instalacións deportivas Juanito Amigo de Sigüeiro (Oroso) concentracion dos equipos AD Zas Cafeteria Talladas, Concello de Mazaricos e SD A Baña donde se enfrentaran todos contra todos.
- 3ª División nacional: 16'00 h. SD Ribadeo Carneros TTPRO - Concello Mazaricos:
- 2ª División Galega: 17'00 h. AD Zas O Pinar - Club del Mar Infantil no ximnasio do CPI de Zas; e 17'00 h. VTM Pinturas Figueiras - Finisterre Deseñarte, na pavillón municipañ de Vimianzo.

Domingo 18 de novembro:
- 1ª División Galega: 11'00 h. Arteal Ventanas TM - AD Zas Construcciones Cernadas, no estadio Vero Boquete de San Lázaro.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-tenis-de-mesa-costeiro-demostrou-o-seu-potencia-na-estrada-pero-quedou-as-portas-do-campionato-estatal/ “O tenis de mesa afronta unha ponte de Defuntos chega de acción” — Que pasa na costa

Comentarios