Martes. 23.04.2024
El tiempo

Moito, moito teatro, micoloxía e samaín nesta #AxendaCostadaMorte de Difuntos

Fin de semana dos Difuntos e chega cargadiño de teatro. Ademais do peche, por todo alto, do Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo, arrincan dúas míticas mostras de teatro da comarca, como son a Mostra de Teatro de Malpica, que vai pola 15ª edición, e mais o Ciclo de Teatro de Ponteceso, que cumple 26 anos.

Ademais, as citas micolóxicas, unha boa foliada, un desfile ou un ciclo de documentais, completan o menú para esta ponte de Defuntos.

Evaristo Calvo Fede Perez Rey e Santi Romay crean Nun cuarto da Rotonda de Acusmaser Opus
Evaristo Calvo Fede Perez Rey e Santi Romay traen Nun cuarto da Rotonda de Acusmaser Opus a Vimianzo
Moito, moito teatro, micoloxía e samaín nesta #AxendaCostadaMorte de Difuntos

Parte de Meteogalicia

Leva ameazando toda a semana e parece que cae. Este xoves pola tarde comezará a chover en Galicia pola nosa comarca, coa entrada dunha fronte contra a noite, que deixará boas tormentas. O venres a fronte fría asociada a unha profunda borrasca situada sobre Irlanda chegará a Galicia deixando chuvias intensas durante todo o día. O sabado pode que sexa un día menos chuvioso pero cunhabaixada de temperaturas importante.

Micoloxía

Nova fin de semana onde os cogumelos collen protagonismo. Desta volta temos unha das citas máis importantes da comarca. A piques de cumplir 20 anos, Pan de Raposo prepara as Xornadas micolóxicas de Cee, de venres a domingo.
Ademais, polo Bergantiños, O Bar Pedra da Serpe de Corme acolle as súas xornadas, con microcursos e degustacións.

Samaín

As actividades escolares son as estrellas do Samaín, pero hai algunha acción arredor desta festa, como o Samahín Celta que propoñen en A Braña, Lires.

Moito, moito teatro

- Esta ponte baixa o telón o FIOT. O programa cultural máis completo do ano na Costa da Morte bota o peche ao grande. O xoves toca A.K.A. (Also Known As), a creación dramática da Sala Flyhard de Barcelona que se posicionou como un dos fenómenos teatrais na escena estatal. E o venres, a recentemente estreada Fariña, dirixida por Tito Asorey e que esgotou as entradas para a función de Carballo na primeira mañá que se puxeron á venda.

- O venres abre o telón a XV Mostra de Teatro de Malpica co Montacargas de Acusmaser Opus.

- O Edificio de Servizos Múltiples de Muxía acolle a obra Invisibles o sábado pola tarde.

- Non faltarán as citas ca risa, como monólogo de Marcos Pereiro en Camariñas para a noite sabatina.

- O sábado pola noite comeza o XXVI Ciclo de Teatro de Ponteceso coa obra Elisa e Marcela, da Panadaría.

- A programación continua do Auditorio de Vimianzo trae o sábado a primeira montaxe de Acusmaser Opus a Casa da Cultura.

- E xa o domingo, pechamos con Baobab Teatro no Outono Rebuldeiro de Vimianzo.

Outras citas singulares

- Santa Comba encherá o Auditorio para ver a proxección do programa da TVG Anacos. Antes, a Casa da Cultura acolle un singular Samaín para as criaturas.

- A ponte comeza este venres coa impresionante Foliada artellada pola xente da ANPA do CEIP Labarta Pose en Baio.

- Por Camariñas, o venres adícanllo ao Desfile de Outono.

- O Casino 1889 de Carballo estrea un fantástico Ciclo de Documentais feitos na Galiza, o Galidoc, e faino na tarde do sábado con 12 Leiras.

- A Frikifesta que preparan a mocidade de Vimianzo para a tarde, e noite, de sábado perfílase como absolutamente istriónica.

- O Concello de Vimianzo prepara visitas guiadas durante este fin de semana no castelo de Vimianzo co seguinte horario: 12h e 17h, tanto o sábado 2 como o domingo 3. A entrada para a visita guiada é gratuíta e chega con presentarse na recepción da fortaleza cinco minutos antes de que comece a visita. 

 

EXPOSICIÓNS

  • O Centro Cívico de Malpica acolle a exposición O Océano que nos une ata o 3 de novembro.
  • Manuel Valcarcel espón as súas fotografías do proxecto Auga no Museo do Terra de Xallas, ata o vindeiro 3 de novembro (de luns a sábado en horario de 10.30 a 13.30 h e de 16.30 a 18.30 h)
  • O Faro Vilán abre de 11:00h a 13:30h e de 15:30h a 19:00h de mércores a domingo.
  • A Tenda Turística Stoupa abre de martes a sábado de 12 a 14 h e 17 a 20h.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos de 11:00 a 19:00. 
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios