Sábado. 20.04.2024
El tiempo

É o momento de rescatar o plan de pensións?

ucha das pensions
É o momento de rescatar o plan de pensións?

Unha das medidas do Goberno de Sánchez para aliviar a situación financieira dos empregados que sufran un ERTE ou autónomos en apuros é o rescate anticipado do seu plan de pensiones.

Antes de facelo temos que ter en conta varios aspectos:

Os plans de pensións e plans de previsión asegurados (PPA) poden volver a ser a táboa de salvación para moitas familias. Como xa o foron no 2009, en plena crise financieira. Esta vez, o aforro acumulado podería axudar a pasala crise provocada pola pandemia do coronavirus aos traballadores que esten afectados por un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) e aos autónomos que tiveron que cerrar o seu negocio ou viron mermada a su facturación nun 75%.

A medida que se aprobou no Consello de Ministros celebrado o martes 31 de marzo e que saiu publicada no Boletín Oficial del Estado (BOE) un día despois, co apoio de Unespa, a patronal do seguro en España, e Iverco, a Asociación de Institucións de Inversión Colectiva e Fondos de Pensións. No comunicado firmado por ambas institucions, sinalaban que “manifestamos o noso apoio a medida aprobada polo Goberno establecendo un novo suposto de liquidez de estos instrumentos para paliar as situacións de necesidade dos aforradores que sexan traballadores en situación legal de desemprego como consecuencia dun ERTE derivado da situación de crisis sanitaria ocasionada polo Covid-19”. Esta medida excepcional aplicase tamén a empresarios titulares de establecementos na que a apertura o público se vira suspendida como consecuencia do Real Decreto 463/2020. Ou traballadores por conta propia que estiveran previamente integrados nun réximen da Seguridade Social como tales e cesaran na súa actividade como consecuencia da situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.

Ambas patronais recordan que os plans de pensións e os plans de previsión asegurada (PPA) teñen como obxetivo o aforro a longo prazo, para complementar a pensión de xubilación. Pero contemplan outros supostos de liquidez anticipada, como o desemprego prolonxado, enfermidade grave, incapacidade temporal, dependencia o desafiuzamento da vivenda habitual, para paliar situacións de necesidade.

Neste novo suposto de liquidez vai encamiñado a paliar as consecuencias da necesidade económica que a situación de emerxencia sanitaria supón para moitos españois e a que cada aforrador poida facer fronte as consecuencias de dita situación. As asociacións mostranse orgullosas, como xa aconteceu no pasado, de que os instrumentos de previsión social poidan contribuir a mitigar as peores consecuencias desta continxencia, apoiando unha pronta saída da crise e, con isto, a recuperación dos niveis de benestar previos que permitan continuar aforrando para complementar a xubilación futura dos españois.

Agora imos falar do impacto fiscal e do mercado, xa que antes de optar polo rescate anticipado do plan de pensóns, e preciso ter en conta algúns aspectos importantes. O primeiro de eles e si é o momento adecuado xa que os plans de pensións deben estar oa servicio dos partícipes en situacións excepcionales como a actual. Pero, ao igual que noutros casos de supostos de liquidez alleos á xubilación, a súa disposición debe axustarse a ese carácter excepcional. Así como facer un uso limitado del e retomar a súa finalidade de canalizar o aforro na maior brevedade posible, recuperando as aportacións periódicas e excepcionais en canto se poda.

Xa que o rescate dun plan de pensións é sempre un exercicio que requiere una planificación. O caso que nos ocupa a raíz de Covid-19 non é unha excepción. Tamén é recomendable analizar as implicacións fiscais do rescate anticipado. O rescate tributa como rendemento de traballo e pode ser ineficiente se é un exercicio no que se imputan outras rentas excepcionais. Por outro lado, é importante ter en conta a valoración do mercado, pois precisamente outra consecuencia da crise sanitaria e unha caída dos mercados entorno do 30%. Os plans de pensións, pola súa vocación de longo prazo, son financieiramente eficientes en longos prazos. Un rescate antes de tempo pode implicar impactos financieiros negativos.

O peche de Decembro do 2019, os plans de pensións acumulaban 116.419 millons de € en 9,5 millons de contas de partícipes, según datos de Inverco. Nos últimos dez anos estes vehículos de inversión aboaron de forma anticipada 4.000 millons de € a máis de 726.000 partícipes polo suposto de desemprego, esto é, unha media de 4.000 € por partícipe. Pola súa parte, os Plans de Previsión Asegurados (PPA) aboaron nos últimos seis anos 339 millons de € a máis de 44.000 asegurados, o que supón unha media de 7.700 € por asegurado, segundo os datos publicados por Unespa e Inverco.

 

Outros artigos sobre seguros de Roberto Mouro

Novas relacionadas

Comentarios