Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mónica Rodríguez acusa a AV a empregar os 3 millóns de euros de superávit de xeito electoralista

Mónica Rodríguez alcaldesa de Vimianzo
Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo
Mónica Rodríguez acusa a AV a empregar os 3 millóns de euros de superávit de xeito electoralista

A semana pasada o ex alcalde Manuel Antelo aseguraba que o seu goberno deixara un superávit de 3 millóns de euros no Concello. Non tardou en responder a rexedora socialista, Mónica Rodríguez, acusándoo de actuar “de xeito electoralista” pois asegura que “xa os deixou gastados de antemán, prometendo asfaltados, camiños, obras e servizos…” algúns “aprobados 6 días antes das eleccións”, deixando "comprometido o gasto corrente municipal".

O grupo socialista asegura que “nós dobraremos esforzos para explicar á xente a nosa xestión, a veciñanza sabe que non recorreríamos á modificación de crédito de 600.000€ que aprobamos tan inmeditamente no Pleno se non fose necesario”. A alcaldesa convida ás veciñas e veciños “a vir ver as contas, e se queren amosámoslle a situación administrativa na que se encontran os proxectos que se prometeron e agora quedaron en fume”, segundo Rodríguez.

Apunta ademais que “en apenas 9 dias foron recepcionadas no rexistro do concello facturas por mais dun millon de euros correspondentes o goberno anterior”.

Novas relacionadas

Comentarios