Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Monografías do Allo: Carlos Galbán e Miguel Ángel Cajigal

30/nov./2019
16:30 h a 18:30 h
Torres do Allo
Cartel monografias do allo 2019
Monografías do Allo: Carlos Galbán e Miguel Ángel Cajigal

O Concello de Zas, a través da Concellaría de Cultura, continúa coa súa aposta pola divulgación do Patrimonio cunha nova edición das “Monografías do Allo”. Nesta ocasión este ciclo de conferencias, de carácter anual e que se celebra por terceiro ano, terá lugar o vindeiro sábado 30 de novembro entre as 16:30 e as 18:30 horas.

A Historia e a Historia da Arte serán os temas centrais desta nova edición que nos chegarán da man de dous relatores ben coñecidos. “Dous conceptos, un mesmo uso. As Torres do Allo no seu contexto (S. XIV-XVII)” é o título do relatorio que nos ofrecerá Carlos José Galbán Malagón, Doutor en Historia pola Universitat de Barcelona que centra a súa investigación na Idade Media en Galicia. A súa tese doutoral centrouse na Guerra dos Irmandiños.

Miguel Ángel Cajigal Vera, Licenciado en Hª da Arte pola Universidade de Santiago e tamén coñecido polos seus perfís sociais de Twitter e Youtube como “El Barroquista” falará sobre “O barroco e o pasado: intervencións barrocas na arquitectura doutras épocas”. Miguel Á. Cajigal alterna a súa faceta investigadora coa de divulgador onde se centra na divulgación artística e histórica. Tamén preside o Comité Científico da Vía Mariana.

Esta é unha actividade aberta a toda a veciñanza e a entrada é de balde.

Comentarios