Mércores. 17.04.2024
El tiempo
09:55
08/10/11

Morrer na praia de Laxe

Morrer na praia de Laxe

O mércores de esta semana entramos a descargar a pesca no porto de Laxe.
A vista da fermosa baía que forman a praia xunto coa vila tráxome á memoria o amargo destino dun náufrago na costa de Laxe aló polo Nadal do ano 1850.

Esta é a historia do capitán da bricbarca con bandeira británica “Adelaide”, Guillermo Dovell.

O 19 de decembro de 1850 as nosas costas sufrían os embates dun temporal do Oeste. O Adelaide navegaba a duras penas entre enormes ondas que varrían a súa cuberta de pouco en pouco facendo perigar a estabilidade da pequena bricbarca.
A bordo, a tripulación do capitán Dovell e mais a súa muller Francesca e o seu único fillo William de 12 anos de idade.
O Adelaide cumpría viaxe dende Bristol até a illa de San Vicente do arquipélago da illas de Barlovento nas pequenas Antillas caribeñas.
O capitán Dovel, experto navegante avezado en toda clase de mares e temporais seguía a ruta mais lóxica , que non a mas curta, para realizar a súa travesía do Atlántico, que o levaría ate as illas Canarias para logo dende alí poñer rumbo Oeste e atravesar o océano por latitudes de tempos mais bonancibles.
Pero antes de chegar ás Canarias tiña que pasar pola nosa costa, e no mes de decembro!

Xa viñan soportando o temporal dende facía máis de 48 horas, e en todo ese tempo tan só foron quen de avanzar unhas poucas millas dende a altura da Estaca de Bares até a boca da ría de Corme.
A tripulación levaba moitas horas sen durmir e Dovel comezaba a temer pola seguridade da súa tripulación e pola da súa familia.
O primeiro problema serio foi cando un golpe furioso de mar bateu contra o codaste do Adelaide arrincando o temón dos seus guarnes e deixando o Adelaide a mercede dos embates do mar polo seu través, situación que facía perigar a estabilidade do buque.
Dovell non o pensou dúas veces aparellou os mastros de maneira que puidese navegar en popa buscando o resgardo da pequena ría de Corme.
O barco ferido de morte dirixíase como ultimo recurso cara a enseada de Laxe, para na súa praia intentar varar e tratar de salvar as súas vidas.
Non contaba Dovell coa furia do Oeste que os levou dereitos á praia e a morte...

Os 19 tripulantes , a muller e o fillo do capitán Dovell deixaron as súas vidas na veira da vila de Laxe o único supervivente foi el, que conseguiu chegar a nado até as areas despois de loitar denodadamente contra a furia dos elementos.

Racha o corazón pensar como se puido sentir Guillermo Dovell en aqueles amargos intres, vendo que acabada de perder a súa familia os seus compañeiros e o seu barco, e que el foi o único supervivente.
Percorreu a praia varias veces para tentar topar alguén mais con vida , pero as ondas só devolvían cadáveres. Camiñou horas buscando algunha sinal que lle dese un chisco de esperanza até que o cansazo e a desesperación derrubaron sobre as areas de Laxe a aquel pobre desgraciado.
Os veciños alertados atoparon inconsciente o capitán Dovell e trasladarono para unha casa da vila onde lle foron ofrecidos os primeiros auxilios e consolos.
Ao día seguinte apareceron os cadáveres da súa muller e do pequeno William que foron soterrados ao carón do adro da igrexa de Laxe.

Hoxe en día dentro de unha propiedade privada preto da igrexa, aínda se conserva a campa, e nela reza a seguinte inscrición:

“Vaxo esta lápida yacen los restos de
Frcisca Dovell
De edad de 47 años quien con su único hijo
Guillermo Henrique Quartly Dovell
De edad 12 tuvieron
La desgracia de perecer en el naufragio
Que sufrió el barco Adelaide de Bristol en su
Viaje a las Antillas con un pasajero y trece
de tripulación.
Esta lamentable desgracia acaeció la noche del
19 de diciembre de 1850
en las inmediaciones del puerto de Lage y como
un triste recuerdo de tan melancólico evento
este monumento esta levantado por el capitán
Guillermo Dovell el desconsolado y afligido
marido y padre, único que sobrevivió de esta
calamitosa pérdida.”

...

"Si rogáis por alguna cosa en mi nombre
Os la concederé, no permitiré  que quede sin consuelo,
Vendré a vuestra asistencia.

- San Juan , capitulo 11, vers, XI y XVIII

O capitán Dovell volveu durante varios anos á vila de laxe , sempre polas mesmas fechas nas que ocorrera o naufraxio, ata que un ano xa non regresou.

Máis información

A Cara máis íntima do naufraxio

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios