Imprimir

As mulleres copan a palestra do IV Encontro de Filosofía para Veraneantes de Corcubión

que pasa na costa | 29 de xullo de 2019

María Bella presentando a primeira sesión dos Encontros de Filosofía para veraneantes con Carmen Adán e Rosa Arcos
María Bella presentando a primeira sesión dos Encontros de Filosofía para veraneantes con Carmen Adán e Rosa Arcos

Que pasaría se Deus fose unha muller? Hai verdade das redes sociais? Debe o feminismo ter máis en conta o medio ambiente? Estas son só algunhas das preguntas que abrirán as reflexións colectivas da IV edición consecutiva do ciclo Filosofía para Veraneantes, que organiza durante estas semanas a asociación Universidade Cromática da Costa da Morte na Capela do Pilar de Corcubión.

Unha edición na que, por primeira vez as 9 ponentes serán mulleres, mulleres de diferentes ámbitos pero sempre dende unha perspectiva rural nun mundo interconectado e da comunidade, segundo coordinaron iguel Vázquez Freire e María Bella.

As presentación e moderacións das mesas correrán tamén a cargo de mulleres. A esta iniciativa súmanse representantes de asociación e comunidades da Costa da Morte. Participarán integrantes da Asociación feminista Buserana ou a da Ecosocial Boca de Sapo. O mundo da cultura ou do xornalismo tamén terán unha participación moi activa.

5 debates

Filosofia para veraneantes en Corcubion 2019

Serán 5 tardes de reflexión (hoxe mesmo, luns 29, de xullo, ademais do 31 de xullo, e 7, 8 e 9 de agosto), totalmente abertos ao público xeral, de balde, na Capela do Pilar de Corcubión, as 20:30 horas.

O medio ambiente e o feminismo centrarán o relatorio do primeiro día entre Rosa Arcos, traballadora do rural, e Carme Adán, escritora (29 xullo). A teoloxía e o feminismo protagonizarán a charla do mércores 31 de xullo entre Lucía Santiago e Macamen Díaz, que se pregantarán, entre outras cousas, qué pasaría se Deus fose unha muller.

O terceiro día (7 agosto) a “youtuber” Irene Martínez comentará coa estudante de filosofía Celtia Sar se hai ou non verdade nas redes sociais. O 7 de agosto será a ocasión de reflexionar coa profesora de filosofía Luz Suárez e, na última xornada, o venres 9 de agosto, a cineasta Olalla Sendón establecerá un diálogo aberto coa poeta María Lado.

4 anos de filosofía estival

Filosofía para veraneantes celébrase en Corcubión desde hai catro anos. Da man do corcubionés Miguel Vázquez Freire, cada verán, a Capela do Pilar convértese no KM cero do pensamento filosófico máis democrático da Costa da Morte, un convite de balde á reflexión colectiva que vai gañando interese cada ano e sumando público en cada edición, onde a máxima é a participación colectiva dos participantes. Os debates, que contan sempre coa presenza de profesionais de elevado prestixio no seu campo, acaban prolongándose durante horas.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/corcubion/mulleres-copan-palestra-do-iv-encontro-filosofia-veraneantes-corcubion/20190729095013111795.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA