Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Muros aproveita o seu punto limpo

Muros aproveita o seu punto limpo

Aínda nos falta moita educación para usarmos con xeito os poucos puntos limpos que temos na bisbarra. Se ben, ás veces, a ubicación non nolo pon nada fácil, a implicación e a concienciación social da súa importancia xogan un papel fundamental. E nesa liña traballa o Concello de Muros, que inicia unha campaña de difusión do punto limpo municipal.

“Aproveita o teu punto limpo” é a nova campaña que abre o Concello muradán. O Concello realizou unha serie de melloras para facilitar á veciñanza a utilización do punto limpo municipal situado nas Lombas do Pedreiro, na parroquia de Serres. Estas melloras consistiron na:

  • Dotación de novos colectores.
  • Mellora da sinalización viaria.
  • Mellora dos paneis de identificación dos diferentes residuos no interior de punto limpo.
  • Colocación dun panel informativo, na entrada, con información sobre os distintos tipos de residuos, horario de apertura, teléfono de información...
  • Realización da campaña de divulgación ambiental: “Aproveita o teu punto limpo”.

Un tríptico

Dentro da campaña de divulgación incluíuse a edición dun tríptico que se lle fará chegar a toda a veciñanza e uns pósters informativos que estarán distribuídos polos diferentes centros educativos, centros sociais, edificios públicos... co fin de chegar ao maior número de poboación posible. Tanto nos trípticos como nos pósters pódese ver de forma rápida e sinxela cales son os residuos admisibles ou non no punto limpo, o seu horario de apertura, a súa situación e outra información adicional.

Recolecta selectiva

Desde o Concello pídese un esforzo aos veciños e veciñas para que na súa casa fagan unha correcta separación do lixo: papel-cartón, vidro, restos orgánicos, restos inorgánicos e pilas; así como para que utilicen tanto o minipunto limpo como o punto limpo para os residuos que non son recollidos polo servizo de recollida do lixo habitual.

Máis información

  • Axencia local de sostibilidade: 981 826 050, ext. 127.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Xuventude de Muros.

Comentarios