Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Muros bótase á música e ao humor

Muros bótase á música e ao humor
A mocidade muradá está tremenda. Mentres humor muradán invade a TVG, a factoría Nasmo segue producindo novas estrellas.

Pachi e Culo na TVG

Pincha para ver os vídeos de PachiCulo no LandRober Pincha na imaxe para ver os vídeos de PachiCulo no LandRober Descubrímolos na Gala QPC do Fútbol da Costa (por favor non perdan esa interpretación tan costeira), e xa están na TVG. O pasado mércores debutaban no Lando Rober con Roberto Vilar. E volverán, e van ser uns habituais. Ademais de levar as redes sociais do programa en directo, terán tamén o protagonismo de facer o #RetoPachiCulo, e veremos o que traen na noite de hoxe mércores, a partir das 22:00h, con Edurne e Santiago Segura. Ide á web da TVG e veredes varios dos vídeos da pasada semana, e estade atentos ao programa de hoxe.

A Factoría Nasmo en marcha

Archivo Adxunto-Banda de musica de Muros Segue funcionando a Sala Nasmo, formando e xerando bandas. Falamos desta volta de Archivo Adxunto. Esta banda Somos de punk-rock formada por tres membros: Javier Fernández Lariño (batería), Yeray Santana Lestón (baixo e coros) e Adrián Bouzas Caamaño (guitarra e voz) vén de gravar o sue primeiro traballo, Attachment, integramente producida na Sala Nasmo. E vaino presentar este sábado 17 de outubro na Casa da Cultura de Muros, a partir das 20:30h.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios