Martes. 16.04.2024
El tiempo

Muros e a Barbanza rexeitan as xaulas de salmón

Muros e a Barbanza rexeitan as xaulas de salmón

Como pasaba o pasado venres en Muros (como podemos comprobar nestas fotos), o sector do mar unirase este sábado 9 de abril na Alameda de Noia para amosar o seu rexeitamento á instalación de xaulas de salmón en Muros.

As Confrarías de Muros, Noia, Portosín e Porto do Son convocan esta manifestación para que dende a Xunta entendan que estes proxectos pilotos non se poden levar a cabo ás espaldas do sector. I é que a instalación da granxa experimental aproveitando a noite non é o procedimento máis respetuoso.

En Carnota si que a queren

A pesar deste rexeitamento do sector, dende o eido político esfórzanse por situarse a favor das xaulas. Así o manifestaba o alcalde carnotán José Oreiro esta semana na Radio Nordés - Cadena Ser, onde explicaba que a creación de emprego era o máis importante para o PP carnotán e que facilitarían a chegada das xaulas á zona de Carnota se en Muros non as aceptan.

Foi máis alá Oreiro, e comparou a situación coa vivida en Quilmas e a ampliación da piscifatoría. Ademais, sinalou que esta clase de denuncias obre contaminación non son máis que "rumores interesados" poñendo o exemplo da convivencia en Lira da Reserva Mariña e a piscifactoría.

Mobilización pola rede

Se colectivos como Verdegaia xa teñen amosado o seu apoio ás reinvindicacións do sector muradán, xa hai varias iniciativas que intentan facer forza a través da rede. O Grupo Salmón En Muros Non deixa claro a postura muradá.

Outros que apoian aos mariñeiros de Muros son os membros da Asoar Armega que precisamente esta fin de semana vai realizar unha limpeza nos fondos da ría de Muros.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios