Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Muros lembra a Suso Pais

Muros lembra a Suso Pais
Limpeza de praias Suso Pais

Xa andan polo Campo de Cortes de Muros armando novas actividades. Unhas citas que este ano teñen un denominador común, a homenaxe a Suso Pais, comprometido veciño da zona que perdía a vida en xullo de 2011 practicando o que máis lle gustaba, pescar buceando.

Así, as xentes de Club de Actividades Subacuaticas "Os Petóns" e Asociación C.R.D.M. "Rumial”, dúas entidades ás pertencía Suso, únense para preparar unha gran homenaxe no marco da III Limpeza de Praias. Unha limpeza que se desenvolverá na Praia de Area Maior de Muros o vindeiro sábado 17 de maio.

Carreira do Espirito Santo-Campo de Cortes-Muros

Aínda haberá máis, pois para o 25 toca V Carreira dp Espírito Santo, polo Campo de Cortes, que este ano ademais contará coa participación tanto en asistentes como en nivel deportivo, contando en edicións anteriores con Javier Crespo campion galego de maraton no ano 2012. A cuota de incripción será "Un Kilo" de comida que se lle entrega a Caritas de Muros.

In Memorian Suso Pais

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios